Eusebio Vence Calviño, nado en Riobó (Rodeiro) en 1857 e finado en Palos de la Frontera en 1932, foi un sacerdote, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Estudou no Seminario de Lugo e ordenouse sacerdote. Foi administrador de El Lucense e colaborou na revista Galicia. Trasladouse a Vigo e foi redactor de Faro de Vigo, dirixiu La Integridad, foi redactor de El Criterio Gallego e fundou El Restaurador. Tomou os hábitos franciscanos co nome de Frei León. Dirixiu La Voz de San Antonio e en 1923 foi nomeado Superior do Convento de Santa María da Rábida en Palos de la Frontera. Publicou Guía Histórica del Monasterio de Santa María de la Rábida en 1929.

Véxase tamén Ligazóns externas Eusebio Vence Calviño, un propagandista católico

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Xornalistas de Rodeiro Categoría:Nados en Rodeiro Categoría:Nados en 1857 Categoría:Finados en 1932 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Franciscanos de España