Cruceiro é o nome que reciben as embarcacións de pasaxeiros destinadas a facer viaxes recreativas e turísticas. Tamén é chamada así a viaxe de pracer por mar facendo escala en varios portos para visitalos. Este termo tamén designa o servizo desta clase de viaxes en barco e a industria que os ofrece e xestiona.
Historia miniatura|O Prinzessin Victoria Luise foi o primeiro barco de cruceiro deseñado e construído para este uso.|esquerda|200x200px Cando en 1835 apareceu o primeiro anuncio de cruceiro no xornal Shetland Journal para visitar Escocia, Islandia e as Illas Feroe, ninguén presaxiaba un éxito de tal magnitude no século XIX. A primeira compañía a saír ó mercado foi creada en 1837 en Stromness por Arthur Anderson e Brodie Wilcox baixo o nome de Peninsular Steam Navigation Company, máis tarde convertida en P&O Cruises.
Esta iniciativa chamou a atención de grandes investidores e en 1840, Samuel Cunard fundou Cunard Line para facer viaxes transatláticas de Liverpool a Halifax. Unha das grandes xestas da enxeñaría naval e, se cadra, o grande éxito destes anos foi a construción en 1912 do RMS Titanic, afundido na súa viaxe inaugural ó bater cun iceberg.
No século XXI A Coruña e Vigo son paradas habituais no tráfico de cruceiros. No ano 2023 Vigo recibiu 98 buques e A Coruña máis de 130.miniatura|Voyager of the Seas.|centro Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transatlántico
Categoría:Turismo
Categoría:Cruceiros (barcos)