Santa María de Ambosores é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Ourol. Segundo o IGE en 2014 tiña 15 habitantes (7 mulleres e 8 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación

Historia A orixe desta parroquia remóntase a 1895 cando 24 entidades da parroquia de San Pantaleón de Cabanas segregáronse desta para formaren a parroquia eclesiástica de Ambosores que ten lugares en catro concellos (Ourol, Muras, Mañón e As Pontes de García Rodríguez) de dúas provincias (Lugo e A Coruña). Os 14 lugares que están no concello de Ourol son os que forman esta parroquia civil.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Ambosores

Parroquias de Ourol

Véxase tamén Outros artigos Ambosores Ambosores, Muras

Categoría:Parroquias de Ourol Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas Categoría:Parroquias galegas homónimas con outras de concellos limítrofes