A avemaría é unha oración que saúda a Virxe María baseada nos episodios da Anunciación e da Visitación (Lucas 1:28-42). Segundo san Lois María Gringnon de Montfort, cada vez que se reza a avemaría, a Virxe María no ceo loa a Deus por nós co seu canto, o magníficat (Lucas 1:46-55).

Texto da oración

Versión galega Deus te salve, María, chea es de graza, o Señor é contigo, bieita ti sexas entre tódalas mulleres, e bieito é o froito do teu ventre, Xesús. Santa María, nai de Deus, prega por nós, pecadores, agora e na hora da nosa morte. Amén.

Versión latina Ave, Maria, gratia plena; Dominus tecum: benedicta tu in mulieribus, et benedictus fructus ventris tui Iesus. Sancta Maria, Mater Dei, ora pro nobis peccatoribus, nunc et in hora mortis nostrae. Amen.

Categoría:María (nai de Xesús) Categoría:Liturxia católica Categoría:Oracións