dereita|miniatura|Retrato de Matilde Ludovica de Baviera. Matilde é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co castelán, co catalán, co dinamarqués, co éuscaro, co italiano e co portugués. A súa orixe é o xermánico Mahthildis, composto de *maht 'forza' e *hildi 'combate'. Deste nome derivou no occidente da Península Ibérica o nome Mafalda. En galego tamén ten a variante Matilda.

En xaneiro de 2023 existían 1.749 mulleres en Galicia co nome Matilde, cunha media de idade de 69,2 anosNome Matilde na Web do Instituto Galego de Estatística e 87 co nome Matilda, cunha media de idade de 8,5 anos.Nome Matilda na Web do Instituto Galego de Estatística

Santoral 14 de marzo: Santa Matilde (Matilde de Ringelheim), nada en Westfalia contra o ano 895 e finada en Quedlinburg en 968; foi raíña consorte de Francia Orientalis, considerada santa pola Igrexa Católica.

Estatísticas O nome é actualmente (2008) común nos países escandinavos, aparece entre os 10 nomes máis populares das nenas dinamarquesas, e tamén é moi popular en Noruega, Suecia e Finlandia. A súa popularidade tamén está a aumentar noutros países europeos, incluíndo Francia, Reino Unido e outros países anglófonos.

Matilde noutras linguas

Alemán: Hilde / Tilda / Mechthildis / Mechthild / Mathilde Aragonés: MatildaEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Castelán: Matilde Catalán: Matilde Dinamarqués: Matilde Éuscaro: Matilde Francés: Maude / Mathilde Galés: Mallt Húngaro: Matild Inglés: Maud / Matilda Italiano: Matilde Neerlandés: Mechteld Portugués: Matilde Romanés: Matilda Sueco: Mathilda

Persoas Emperatrices e raíñas consortes Matilde de Flandres, Raíña consorte de Inglaterra, dona de Guillerme o Conquistador. Matilde de Escocia, Raíñ consorte de Inglaterra, primeira esposa de Henrique I. Matilde I de Boloña, Raíña consorte de Inglaterra Matilde II de Boloña, Condesa de Boloña e Raíña consorte de Portugal Matilde de Inglaterra, ou Maud (1102 - 1167), Emperatriz consorte do Sacro Imperio, Condesa de Anju e Señora dos Ingleses, a segunda filla do rei Henrique I de Inglaterra e de Edite de Escocia, raíña de Inglaterra en 1141. Matilde de Holstein (c. 1220 - 1288), raíña consorte de Dinamarca.

Princesas e nobres Matilde Bugallal, nobre galega, nada en Ponteareas no s.XIX, foi a terceira condesa de Bugallal. Matilde de Baviera, princesa de Baviera Matilde Carolina de Baviera, princesa de Baviera Matilde de Bélxica, princesa da Bélxica e duquesa de Brabante. Matilde de Portugal, Infanta de Portugal e Condesa da Flandres Matilde Ludovica en Baviera, duquesa de Baviera Matilde de Canossa (1046 - 1115), señora feudal italiana.

Relixiosas Matilde de Hackeborn, (c. 890 - 968) santa católica Matilde de Ringelheim, (1241 - 1299) santa católica Matilde de Magdeburgo (1207 - 1282), beguina e escritora mística cisterciense, compañeira da anterior no mosteiro de Hefta;

Outras Matilde González Palau, (1912-2002), foi unha escritora en castelán, catalán e galego. Matilde Camus (1919-), poetisa de Italia; Matilde Asensi (1962-), xornalista e escritora española. Mechtilde do Sagrado Sacramento (1614–1698), monxa francesa fundadora da orde Mathilda d'Orozco (1796–1863), compositora Mathilda Berwald (1798–1877) cantante da corte sueca. Mathilda Rotkirch (1813–1842), pintora finlandesa Mathilda Foy (1813–1869), filantropista sueca Mathilda Gelhaar (1813–1889), cantante de ópera Matilda Joslyn Gage (1826–1898), feminista estadounidense Mathilda Enequist (1833–1898), cantante de ópera sueca Matilda Coxe Stevenson (1855–1915, nada Evans), etnóloga estadounidense Mechtilde Lichnowsky (1879–1958), escritora alemá, nada Mechtilde Christiane Marie Gräfin von und zu Arco-Zinneberg Matilde Camus (1919 – 2012), poeta española Mechtild Rothe (nada 1947), política alemá Mathilda May (nada 1965), actriz francesa Matilda Rose Ledger (nada en 2005), filla do finado actor Heath Ledger e a actriz Michelle Williams Mathilda Chiu (nada en 2007), bailarina do ballet de Macau

Filmes Matilda's Legacy, un filme australiano protagonizado polo actor estadounidense Oliver Hardy Matilda, un filme estadounidense baseado na novela homónima do escritor británico Roald Dahl.

Música Matilde di Shabran, ópera semiseria (París, 1790) estreada o 24 de febreiro de 1821 no Teatro Apollo de Roma baixo a dirección de Niccolò Paganini. Matilde - Ma' (2013-), banda mexicana.

Localidades Matilde, localidade no departamento Las Colonias, provincia de Santa Fe, Arxentina; Plaza Matilde, localidade no departamento Las Colonias, da provincia de Santa Fe, Arxentina.

Obxectos espaciais (253) Matilde, asteroide localizado entre as órbitas de Marte e Xúpiter.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Mafalda Matilda Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos de orixe xermánica Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos casteláns Categoría:Nomes femininos cataláns Categoría:Nomes femininos dinamarqueses Categoría:Nomes femininos italianos Categoría:Nomes femininos portugueses Categoría:Nomes femininos vascos