Carlos Méixome Quinteiro, nado en Lalín o 18 de setembro de 1954, é un historiador e escritor galego.

Traxectoria Naceu en Lalín pero pronto foi para O Carballiño. Estudou Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Xeografía e Historia en centros da comarca de Vigo e o Val Miñor. En 1999 participou na fundación do Instituto de Estudos Miñoranos, do que foi director ata o 2015. Colaborou co Instituto Galego de Análise e Documentación (IGADI) publicando sobre a Iugoslavia, Cuba e Rusia. Desde o 2005 leva unha boa actividade memorialística sobre a persecución franquista no Val Miñor e no sur da provincia de Pontevedra.

En 2015 publicou unha recompilación dos seus artigos xornalísticos co título Daquí e dacolá. Follas voadeiras. Desde 2014 mantén o blog Pé do Galiñeiro. Tamén colabora con A Nova Peneira.

Obras Textos e documentos para a historia contemporánea de Galicia (século XX) (1999). Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-090-5. Castelao. Unha historia do nacionalismo galego (2000). Edicións do Cumio. 192 páxs. ISBN 9788482890951.

Daquí e dacolá. Follas voadeiras, 2001-2014 (2014). Autoedición. A primeira parte está dedicada a Luís Tobío. Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor (2021). Laiovento. 232 páxs. ISBN 978-84-8487-505-5.

O terror nas tebras e outras catas na memoria (2022). Laiovento. 416 páxs. ISBN 978-84-8487-563-5. Polo Avieiro de dona Emilia (2026). Vigo: Galaxia. 562 páxs. ISBN 978-84-1176-583-1. Limiar de Gonzalo Navaza.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog Pé do Galiñeiro.

Categoría:Historiadores de Galicia

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1954