miniatura|Vidreira de Santa Uxía en Notre-Dame de Clignancourt, París. Uxía é un nome propio feminino galego. A súa orixe é grega: εὐγενής (eugenēs), "nobre", literalmente "ben nada",εὐγενής, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus de εὖ (eu), "ben"εὖ, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus e γένος (genos), "raza, familia".γένος, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus En galego tamén ten as variantes Euxenia, Ouxea e Euxea e os hipocorísticos Xenucha e Nucha.

En xaneiro de 2023 existían 4.423 mulleres en Galicia co nome Uxía, cunha media de idade de 16,3 anos.Nome Uxía na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coas variantes Euxenia, Ouxea ou Euxea.

Santoral Santa Uxía, 23 de decembro: Santa Uxía foi unha mártir romana do século III, é moi venerada en Galicia .Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Uxía

Uxía noutras linguas

Alemán: Eugenie Aragonés: UcheniaEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano: Uxena Castelán: Eugenia Catalán: Eugènia Éuscaro: Eugenia / Eukene Francés: Eugénie Inglés: Eugénie / Eugenia Italiano: Eugenia Lituano: Eugenija Portugués: Eugénia Romanés: Eugenia Ruso: Евгения (Yevgeniya ou Yevgenia)

Personaxes Galegas Uxía Blanco, actriz galega (n. 1952) Uxía Casal, escritora galega (n. 1957); Uxía, cantante galega (n. 1962); Ugia Pedreira, cantante galega. Outras Santa Uxía de Alexandría, mártir cristiá romana morta en 258 Isabel Clara Uxía (1566–1633), filla de Filipe II de España Eugenia Martínez de Irujo, Madrid, 1968, aristócrata española Vitoria Uxía de Battenberg (1887–1969), consorte do rei Afonso XIII de España Uxía de York (nada 1990), nobre da realeza británica Eugenia Bonetti, monxa italiana. Eugenia Charles (1919–2005), Primeira Ministra de Dominica Eugenia Errázuriz (1860–1951), referente das artes chilena Eugenia Manolidou (born 1975), compositora grega Uxía de Montijo (1826–1920), dona de Napoleón III de Francia Eugenia Popa (nada 1973), ximnasta romanesa Eugenia Popescu-Județ (1925–2011), bailarina romanesa Eugenia Price (1916–1996), autora americana Eugenia Volodina (nada 1984), supermodelo rusa Eugênia Câmara (1837–1879), actriz portuguesa Evgenia Kanaeva (nada 1990), ximnasta olímpica rusa, dúas veces campioa olímpica María Eugenia Vaz Ferreira (1875–1924), poeta uruguaia Yevgenia Ginzburg (1904–1977), escritora rusa Yevgeniya Rudneva (1920–1944), piloto ucraína soviética Genė Galinytė (nada 1945), remadora lituana Gene Tierney (1920–1991), actriz estadounidense

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Uxío Uxía de Alexandría Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos de orixe grega Categoría:Nomes femininos galegos