miniatura|Fofi Gennimata en 2009 Fofi Gennimata, nada en Atenas o 17 de novembro de 1964 e finada na mesma cidade o 25 de outubro de 2021, foi unha política grega, presidenta do PASOK.

Traxectoria Era filla de Georgios Gennimatas, un dos fundadores do PASOK. Estudou Ciencias Políticas na Universidade de Atenas e traballou no Banco Nacional de Grecia desde 1986, ata que con 50 anosΦώφη: Συνταξιούχος ετών 50! . ΘΕΣΣΑΛΙΑ ΤΗΛΕΟΡΑΣΗ, thessaliatv.gr se retirouΒΟΥΛΗ ΤΩΝ ΕΛΛΗΝΩΝ Βιογραφικά Στοιχεία, Φωτεινή Γεωργίου Γενηματά. hellenicparliament.gr.

Pertenceu ás mocidades do PASOK e foi membro de varios comités sectoriais do partido. Mais tamén activa desde 1986 na Unión de Mulleres de Grecia (Ένωση Γυναικών Ελλάδας). No ano 2000 entrou por vez primeira no Parlamento e ao ano seguinte no Comité Central do PASOK. En 2002 deixou o parlamento para concorrer ás eleccións como cabeza de lista do seu partido á superprefectura de Atenas-O Pireo, permanecendo como xefe da superprefectura ata 2007, ano no que deixou o seu posto para presentarse ás eleccións lexislativas pero a xustiza botou atrás a súa canditura ao ir contra o artigo 56 da Constitución, que lles impide os representantes locais participar nas eleccións lexislativas durante o seu mandato, mesmo se cesan antes.

Despois das eleccións de 2009 o primeiro ministro Giorgios Papandreu nomeouna viceministra de sanidade e en 2010 asumiu o cargo de viceministra de educación, ata 2011. En marzo de 2012 converteuse na voceira do seu partido. Elixida deputada nas eleccións de xaneiro de 2015, desde o 14 de xuño de 2015 ata o seu falecemento foi a presidenta do PASOK.

Notas

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Nados en Atenas Categoría:Deputados de Grecia Categoría:Finados por cancro