Panagiotis "Panos" Kammenos (en grego:Πάνος Καμμένος), nado en Atenas o 12 de maio de 1965, é un político grego, fundador do partido Gregos Independentes e ministro de defensa entre o 27 de xaneiro e o 28 de agosto de 2015 no goberno de coalición con Syriza presidido por Alexis Tsipras.

Traxectoria Estudou economía e psicoloxía na Universidade de Lión. En 1993 entrou por primeira vez no parlamento grego na lista de Nova Democracia O 24 de febreiro de 2012 anunciou a creación dun novo partido, chamado Gregos Independentes (ANEL). O novo partido, de orientación dereitista e euroscéptico, tiña como puntos centrais a reestruturación da débeda e a loita contra a emigración ilegal. e apoiou iniciativas de Syriza. Tras as eleccións de xaneiro de 2015 ANEL con 13 escanos entrou nun goberno de coalición con Tsipras, converténdose Kamenos en ministro de defensa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Mandatos de Panos Kammenos no Parlamento Helénico (inglés)

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Atenas Categoría:Deputados de Grecia Categoría:Ministros de Grecia