Alireza Panahian (tamén coñecido como Alí-Reza Panahian), nado en Teherán en 1965, é un influente clérigo xiíta iraniano.

Traxectoria El é un ḥujjatu l-Islām (en lingua árabe حجة الإسلام), é dicir, posúe un título honorífico que significa "autoridade sobre o islam" ou "proba do islam". Tamén é xefe do grupo "think tank for universities" formado polo líder supremo Ali Khamenei.IRAN: Simmering tensions in lead-up to student protest anniversary, LA Times blogs, artigo en inglés 5 de xullo de 2010 En febreiro de 2011 estaba entre os setenta oficiais de alto rango da República Islámica que crearon unha organización chamada "Ammar" ou "Cuarteis Ammar", que pediron o xuízo e a execución dos antigos candidatos presidenciais e líderes das protestas do Movemento Verde Iraniano Mir-Hossein Mousavi e Mehdi Karroubi.“Amaar” organization for trial & execution of Karoubi & Mousavi , 12 de febreiro de 2011, artigo en inglésIn Iran, Protest Movement, Regime Prepare for February 14 Demonstrations, 13 de febreiro de 2011, artigo en inglés

Raja News enumeronouno como un dos "alumnos, confidentes e compañeiros políticos" achegado ao líder conservador Aiatolá Mohammad-Taqi Mesbah-Yazdi.Mesbah Yazdi's friends and allies, 9 de novembro 2009, artigo en inglés

Panahian tamén dirixiu o "Seminario da Unidade Islámica" de 2010, en Lahore, Paquistán sobre o carácter do profeta Mahoma e a unidade islámica.Hojatolislam Ali Reza Panahian addressed the Islamic Unity Seminar in Pakistan , artigo en inglés

Notas

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Teherán Categoría:Personalidades do islam de Irán Categoría:Políticos de Irán