miniatura|250px|Os gatos brancos usualmente son leucísticos. O leucismo (do grego antigo λευκóσ leukós, branco, e -ismo) é unha particularidade xenética debida a un xene recesivo, que dá unha cor branca á pelaxe dos mamíferos, á plumaxe das aves (os ollos manteñen a súa cor normal, a diferenza dos albinos), e incluso á pel dalgúns réptiles, anfibios e peixes.

O adxectivo para referirse aos animais que presentan este fenómeno é leucístico.

O leucismo é diferente do albinismo: os animais leucísticos non son máis sensíbeis á luz do sol que o resto. Pola contra, poden ser incluso lixeiramente máis resistentes, xa que ao teren a cor branca un albedo elevado protexe máis da calor.

O contrario do leucismo é o melanismo.

Galerías Mamíferos leucísticos

Aves leucísticas

Réptiles a anfibios leucísticos

Peixes leucísticos

Véxase tamén

Outros artigos Vitilixe Albinismo Melanismo

Categoría:Mutacións Categoría:Termos zoolóxicos Categoría:Coloración animal