miniatura| A parvalbumina está implicada no recoñecemento das presas nas serpes Thamnophiine. Unha serpe Nerodia fasciata está aquí lambendo primeiro un isco cuberto de parvalbumina e despois intentando atrapalo.Smargiassi, M. T.; Daghfous, G.; Leroy, B.; Legreneur, P.; Toubeau, G.; Bels, V.; Wattiez, R. (2012). Permyakov, Eugene A, ed. "Chemical Basis of Prey Recognition in Thamnophiine Snakes: The Unexpected New Roles of Parvalbumins". PLoS ONE 7 (6): e39560. doi:10.1371/journal.pone.0039560. PMC 3384659. PMID 22761824. A parvalbumina é unha proteína albumina que se une ao calcio e ten un baixo peso molecular de só 9-11 kDa. Esta pequena proteína estable ten sitios de unión ao calcio de tipo man EF e está implicada na sinalización por calcio.

Ten tres motivos man EF e está estruturalmente relacionada coa calmodulina e a troponina C. A parvalbumina está localizada nos músculos de contracción rápida, onde os seus niveis son os máis altos, e tamén no encéfalo e nalgúns tecidos endócrinos.

A proteína comprende tres dominios, chamados dominios AB, CD e EF, cada un dos cales contén un motivo hélice-bucle-hélice. O dominio AB ten unha deleción de dous aminoácidos na rexión bucle, mentres que os dominios CD e EF conteñen as porcións N-terminal e C-terminal, respectivamente.

As proteínas que se unen ao calcio como a parvalbumina xogan un papel en moitos procesos fisiolóxicos, principalmente na regulación do ciclo celular, produción de segundos mensaxeiros, contracción muscular, organización de microtúbulos e fototransdución. As alteracións da función das neuronas que expresan parvalbumina foron implicadas en varias áreas de interese clínico como a enfermidade de Alzheimer, déficit cognitivo relacionado coa idade e algunhas formas de cancro.

Localización e función thumbnail|left|Pvalb exprésase no núcleo reticular do tálamo no rato posnatal de 56 días. Allen Brain AtlasMous brain map Pvalb miniatura|esquerda|No cerebelo do rato adulto a Pvalb exprésase nas células de Purkinje e na capa molecular de interneuronas. Allen Brain Atlas. A parvalbumina (PV) está presente en interneuronas GABAérxicas do sistema nervioso, especialmente no tálamo reticular, e exprésase predominantemente nas células candieiro e nas células cesta do córtex. No cerebelo, a parvalbumina exprésase nas células de Purkinje e na capa molecular de interneuronas. No hipocampo, as interneuronas PV+ subdivídense en células cesta, axo-axónicas, biestratificadas, e do oriens-lacunosum molecular (células O-LM); cada un destes subtipos ten como diana distintos dominios de células piramidais.free full text

As conexións das interneuronas PV son principalmente perisomáticas (arredor do corpo celular das neuronas). A maioría das interneuronas PV teñen un pico rápido no potencial de acción. Crese tamén que orixinan as ondas gmma que se rexistran nos electroencefalogramas (EEG).

As interneuronas que expresan parvalbumina representan aproximadamente o 25% das células GABAérxicas no cortex prefrontal dorsolateral de primate.

Outros marcadores proteicos que se unen ao calcio son a calretinina (o subtipo máis abondoso no córtex prefrontal dorsolateral, aproximadamente o 50%) e a calbindina. As interneuronas divídense tamén en subgrupos segundo a expresión de neuropéptidos como a somatostatina, neuropéptido Y, colecistoquinina.

Patoloxías

Atopouse un decrecemento da expresión de parvalbumina e GAD67 en interneuronas GABAérxicas PV+ na esquizofrenia. A parvalbumina foi identificada como un alérxeno que causa alerxia ao peixe.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Baig, I.; Bertini, I.; Del Bianco, C.; Gupta, Y. K.; Lee, Y. M.; Luchinat, C.; Quattrone, A. (2004). "Paramagnetism-Based Refinement Strategy for the Solution Structure of Human α-Parvalbumin†". Biochemistry 43 (18): 5562–5573. doi:10.1021/bi035879k. PMID 15122922.

Categoría:Proteínas