Andrew Hozier-Byrne, nado en Newcastle, Condado de Wicklow o 17 de marzo de 1990, é un músico e cantante irlandés máis coñecido como Hozier, que reside en Bray, Condado de Wicklow. O seu primeiro EP, co sinxelo "Take Me to Church", foi lanzado no 2013, e o seu segundo EP, From Eden, no 2014. O seu primeiro álbum de estudio, Hozier, foi lanzado en Irlanda en setembro de 2014 e internacionalmente en outubro de 2014.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Cantantes de Irlanda Categoría:Nados no condado de Wicklow Categoría:Nados en 1990 Categoría:Alumnos do Trinity College Dublin