Ghaveta é un grupo de música tradicional galega con orixe en Vigo.
Traxectoria O cuarteto botou a andar en 2013 e despois de dous anos de concertos, en 2015 publicaron o seu primeiro álbum de estudio, titulado Disque. En 2020 publicaron A raíz do pensamento, o seu segundo traballo, composto por once temas de raíz tradicional galega.
Membros Beatriz Martínez (arpa e culleres) Marta Martínez Valladares (voz, percusións e bouzouki) Diego Langarika (guitarra acústica e bouzouki) Felipe Rodicio (violín)
Discografía Álbum Disque (2015) A raíz do pensamento (2020)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Ghaveta
Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais formados en 2013 Categoría:Grupos musicais de folk galego Categoría:Grupos galegos de música tradicional