miniatura|250px|Limanda áspera (Limanda aspera). Limanda é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,Limanda Gottsche, 1835 no WoRMS. que comprende seis especies propias das costas do norte dos océanos Atlántico e Pacífico, coñecidas en galego como limandas.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1835 polo naturalista alemán Carl Moritz Gottsche.

Etimoloxía O nome Limanda é un termo do latín científico tirado do francés limande "limanda", que á súa vez deriva do francés antigo lumande, e este do latín lima, "lima" (utensilio dos carpinteiros), ao que lle engadiu o sufixo -ande; estes peixes serían así denominado a causa da rugosidade da súa pel, no sentio de que era 'boa para limar'.Webster's New International English Dictionary. Webster. 2012.

Clasificación Na actualidade recoñécense dentro do xénero as seguintes seis especies:Especies de Limanda en FishBase.

Limanda aspera (Pallas, 1814) - a limanda áspera. Limanda ferruginea (Storer, 1839) -a limanda de cola amarela. Limanda limanda (Linnaeus, 1758) - a limanda. Limanda proboscidea Gilbert, 1896 Limanda punctatissima (Steindachner, 1879) Limanda sakhalinensis Hubbs, 1915

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. editores: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Collection Patrimoines Naturels, 50. Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronectinos

Ligazóns externas Limanda na EOL. Contén informacións sobre o xénero, numerosas ilustracións e dous mapas de diktribución Limanda na ADW.

Categoría:Pleuronectiformes