Beatriz Bascoy Maceiras, nada na Coruña no ano 1966, é unha política galega do BNG.

Traxectoria

Accedeu á alcaldía do concello de Moeche tras gañar as eleccións municipais de 2015 como cabeza de lista do BNG. Na anterior lexislatura fora concelleira por este mesmo partido na oposición. Forma parte do Consello Nacional do BNG. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldíaConcello de Moeche na FEGAMP con maioría absoluta, e o mesmo nas de 2023.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Moeche

Categoría:Alcaldes de Moeche Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1966 Categoría:Políticos do BNG