O Pla de Palau foi na antigüidade a praza principal da Barcelona comercial debido a que era a porta de entrada de todo aquilo que viña a través do mar, xa fosen mercadorías ou persoas. De feito era a praza que daba ao único acceso que se tiña á cidade dende o porto, a través do portal de Mar (século XVI). Durante a época medieval configurouse como centro de intercambios comerciais de primeira orde, construíndose nela diversas edificacións de carácter eminentemente comercial como:
A Casa da Lonxa de Mar (1383). A Casa do Xeneral (século XV). O Hala dels Draps (século XIV). A Armaría (Arsenal). A Alfándega (século XV). O Consulado do Mar (século XV).
Durante o século XVII o Hala dels Draps converteuse no Pazo do Vicerrei, reformado novamente en 1846, data en que pasou a ser Palacio Real, ata que foi destruído por un incendio en 1875. Do mencionado edificio é de onde procede o nome da praza.
Véxase tamén
Ligazóns externas Lonxa de Mar
Categoría:Prazas de Barcelona Categoría:Ciutat Vella de Barcelona