O BMC Racing Team (código UCI: BMC) é un equipo ciclista con licenza estadounidense pero que ten a sede da súa fábrica de bicicletas, BMC, en Suíza. O equipo participa no UCI WorldTour e foi fundado no ano 2007.
Historia O equipo comezou a crearse en 2005, cando o ex-ciclista Gavin Chilcott comezou coa idea de crear un equipo ciclista sub-23. No 2006, empezou cun equipo afeccionado que participaba no calendario estadounidense.
A finais dese mesmo ano, despois de diversas negociacións con Andy Rihs e Jim Ochowicz, Gavin Chilcott conseguiu que BMC patrocinara o equipo para a tempada seguinte.
Na tempada 2007, o equipo rexistrouse na Unión Ciclista Internacional como Continental e estaba formado por 14 ciclistas, dos cales 2 eran suízos pola defunción do Phonak polos casos de dopaxe. 300px|miniatura|As bicis e o vehículo que empregou o equipo no Tour de Francia 2014.
Xa en 2008, o equipo logrou o ascenso á categoría Profesional Continental, o que lle permitía poder ir de invitado a algunha das Grandes Voltas.
No 2010, o conxunto suízo-estadounidense quixo dar un salto de calidade para poder participar en Grandes Voltas e por iso xuntou un equipo de 25 ciclistas fichando grandes figuras como o campión do mundo en ruta do 2009 Cadel Evans, o campión do mundo en ruta do 2008 Alessandro Ballan, Karsten Kroon, Marcus Burghardt, Steve Morabito ou o experimentado veterano George Hincapie. Isto fixo que o BMC Racing Team disputase 19 das 26 probas do UCI WorldTour 2009, entre elas o Giro de Italia ou o Tour de Francia.
Para a tempada 2011, o equipo decidiu realizar o salto definitivo e participar dunha vez por todas no UCI WorldTour. Nesa mesma tempada, Cadel Evans alzouse co título do Tour de Francia.
En 2012, o conxunto reforzouse con fichaxes como o do especialista en clásicas Philippe Gilbert, o do campión do mundo en ruta do 2010 Thor Hushovd ou o da xove promesa estadounidense fillo de pais holandeses Tejay van Garderen. Neste ano, o belga Philippe Gilbert alzouse co Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta 2012.
No 2014, o BMC Racing Team conseguiu a vitoria na carreira contra o reloxo por equipos do Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta 2012.
Mellores resultados
Campionatos nacionais e mundiais
Equipo No 1 de xaneiro de 2015 Ciclista Nacemento Darwin Atapuma 15 de xaneiro de 1988 Brent Bookwalter 16 de febreiro de 1984 Marcus Burghardt 30 de xuño de 1983 Damiano Caruso 12 de agosto de 1987 Alessandro De Marchi 19 de maio de 1986 Rohan Dennis 28 de maio de 1990 Silvan Dillier 3 de agosto de 1990 Jempy Drucker 3 de setembro de 1986 Campbell Flakemore 6 de agosto de 1992 Philippe Gilbert 5 de xullo de 1982 Ben Hermans 8 de xuño de 1986 Stefan Küng 16 de novembro de 1993 Klaas Lodewyck 24 de marzo de 1988 Amaël Moinard 2 de febreiro de 1982 Daniel Oss 13 de xaneiro de 1987 Taylor Phinney 27 de xuño de 1990 Manuel Quinziato 30 de outubro de 1979 Joey Rosskopf 5 de setembro de 1989 Samuel Sánchez 5 de febreiro de 1978 Michael Schär 29 de setembro de 1986 Egor Silin 25 de xuño de 1988 Manuel Senni 11 de marzo de 1992 Peter Stetina 8 de agosto de 1987 Dylan Teuns 1 de marzo de 1992 Greg Van Avermaet 17 de maio de 1985 Tejay van Garderen 12 de agosto de 1988 Peter Velits 12 de agosto de 1985 Loïc Vliegen 20 de decembro de 1993 Danilo Wyss 26 de agosto de 1985 Rick Zabel 7 de decembro de 1993
Véxase tamén Outros artigos UCI WorldTour
Ligazóns externas Páxina web oficial* Páxina de BMC
Categoría:Equipos ciclistas