Sergio Marcos González, nado o 3 de febreiro de 1992 en Sacedón (Guadalajara, Castela-A Mancha), é un futbolista profesional español da canteira do Atlético de Madrid, que xoga como centrocampista no Real Valladolid.

Traxectoria Nado en Sacedón, Sergio Marcos formouse na canteira do Club Atlético de Madrid. No ano 2012, tras contar menos que anos anteriores para adestrador do filial do equipo madrileño, Milinko Pantić, o Villarreal Club de Fútbol faise cos seus servizos. Tras un período de adapación pronto convértese nun dos líderes do filial do equipo. Na temporada 2015 ten a súa oportunidade no primeiro equipo trala lesión da súa estrela, Bruno Soriano. O seu primeiro partido en primeira é contra o Rayo Vallecano, partido no que sae como titular, sendo considerado o mellor xogador do seu equipo a pesar da derrota por 0-2. O seguinte domingo debuta ante a súa afección Madrigal nun encontro ante o Eibar, no que é nomeado Xogador do Partido na vitoria do seu equipo por 1-0. Na seguinte xornada volta xogar como titular, esta vez ante o Real Madrid no Santiago Bernabéu, conseguindo o seu equipo o empate e sendo de novo un dos xogadores máis destacados do encontro. Xogaría finalmente sete partidos en primeira división. Na temporada 2015-16 o Villarreal busca que o xogador dispoña de minutos no fútbol profesional, polo que é cedido ao Club Deportivo Lugo da Segunda División.

Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesAtlético BSegunda B2009-2010220Atlético BSegunda B2010-2011361Atlético BSegunda B2011-2012290Villarreal BSegunda B2012-2013230Villarreal BSegunda B2013-2014341Villarreal BSegunda B2014-2015271VillarrealPrimeira201570LugoSegunda2015-2016331

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Sacedón Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Real Valladolid