José Pazó Montes, nado en Pontevedra o 16 de agosto de 1902 e finado en 1978, foi un aviador galego.
Traxectoria Canda González Gil, cofundou unha pequena fábrica de avións, a G.P., coa que subministraron 40 aparellos ao goberno da república.
Na Guerra Civil Española, o 24 de setembro de 1936, aproveitando unha misión urxente para enviar recambios a Barcelona, evadiuse de Cuatro Vientos, Madrid, na zona republicana, tentando aterrar primeiro en Villanubla, Valladolid, na zona nacional, onde foi rexeitado a tiros debido as cores do seu aparato. Dirixiuse daquela cara a Pontevedra, onde tentou aterrar na Xunqueira, impedíndollo unhas vacas que estaban pastando, aterrando finalmente, ao límite de combustible, na praia da Lanzada.: "El vuelo de Pazó hasta La Lanzada en 1936" El Correo Gallego, 27/9/2009 .
Foi membro do Corpo de Enxeñeiros Aeronáuticos do Exército do Aire de España, Coronel Secretario Xeral do Ministerio del Aire de España e, de 1950 a 1959, presidente de Aviaco."Pontevedra fue la única ciudad sin aeropuerto de España que tuvo una subdelegación aérea desde 1955..." Faro de Vigo, 14/7/2013 .
Ascendeu a Xeneral en 1965. Acadou o emprego de Xeneral de Brigada e foi Director Xeral de Industria e Material ata 1967, ano no que se suprimiu o cargo.Decreto 3079/1967, BOE.
Notas
Véxase tamén Bibliografía : El vuelo de José Pazó. La trayectoria de un ingeniero y aviador militar en el siglo XX, 209 pp. Galland Books, 2013
Ligazóns externas : Conferencia sobre José Pazó Montes Fundación Aena, Universitat Politècnica de València, 18-12-2013.
Categoría:Aviadores de Galicia Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Militares de Galicia Categoría:Aviadores militares Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes