Sauvignon blanc é unha uva branca orixinaria de Francia, de pequeno tamaño, forma elíptica e pel de grosor medio de cor amarela dourada, de cultivo moi estendido e utilizada especialmente na rexión de Bordeos e no val do Loira.VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega240x240px|miniatura|Cacho de Sauvignon blanc.|esquerdaEste bago, está considerado, despois da chardonnay, a variedade máis fina entre as cepas brancas de orixe francés. Outros nomes cos que se coñece á sauvignon son: fumé blanc, muskat sylvaner e puinechou.

Características É unha planta resistente ao frío. Agroma cedo. O acio é de tamaño mediano e forma cilíndrica. As bagas son de tamaño mediano, forma redonda e cor amarela-dourada. Produce viños elegantes, secos e acedos.180x180px|miniatura|Nos viñedos de Sancerre, coma noutros lugares, acostúmanse plantar roseiras arredor das videiras de Sauvignon blanc vines coma detector temperán do oídio.|esquerda

Orixe e extensión É unha variedade vinífera procedente da rexión de Bordeos, en Francia.

Outros lugares do "Novo Mundo" do viño onde pode atoparse son: Arxentina, Australia, Chile, Uruguai, Nova Zelandia ou Suráfrica.

En España, a sauvignon blanc é unha variedade de uva para vinificación recomendada nas comunidades autónomas españolas de Cataluña, Estremadura e Comunidade Valenciana. Está autorizada en Andalucía, Aragón, Illas Baleares, Castela-A Mancha, Castela e León, Rexión de Murcia, Navarra, País Vasco e A Rioxa, segundo a Orde APA/1819/2007, pola que se actualiza o anexo V, clasificación das variedades de videira, do Real Decreto 1472/2000, de 4 de agosto, que regula o potencial de produción vitícola. Porén, o lugar no que máis se cultiva é a Denominación de Orixe Rueda, así como na Denominación de Orixe Penedès. Na primeira delas adóitase mesturar con verdello.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas «Sauvignon Blanc (Branca)» en donselecto.net

Categoría:Variedades viníferas