Manuel Ramos Fernández, nado nas Pontes de García Rodríguez cara a 1871 e finado nas Barrosas o 22 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Viaxaba frecuentemente a Cuba, onde levaba traballadores para os xardíns da Habana. Foi elixido concelleiro das Pontes de García Rodríguez nas eleccións do 12 de abril de 1931, e tomou posesión como primeiro tenente-alcalde do goberno presidido por José Vilaboy Pajón o día 22 de abril. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado o 22 de agosto xunto coa súa muller Juana Ferreiro Rodríguez e dous dos seus fillos, Manuel e José. En 1941 abriuse un proceso xudicial por homicidio contra Narciso Corral Ocampo, xefe da Falanxe e un dos responsables do masacre, que finalmente foi sobresido.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Sergio Guerra Vilaboy: "La represión fascista en As Pontes en 1936" 23/8/2014. A represión fascista nas Pontes en 1936

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Concelleiros das Pontes de García Rodríguez Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1871 Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos