Germán Alejandro Garmendia Aranis, nado en Copiapó o 25 de abril de 1990, é un YouTuber, cantautor, humorista e escritor chileno. Fíxose famoso pola súa canle de YouTube HolaSoyGerman, onde subía vídeos humorísticos sobre situacións cotiás. En 2013, creou a súa canle de videoxogos, JuegaGerman, que acabaría por superar a súa canle anterior en subscritores. Traxectoria Seu pai morreu nun accidente de coche cando era un neno. El e o seu irmán estaban separados, mais el viaxou a Los Vilos para estar con el. Cando tiñan trece anos, empezou unha banda co seu irmán, chamada "Zudex". El subiu o seu primeiro vídeo de YouTube en 2011, despois de que o animara un amigo. Despois disto, gañou fama no Youtube, e obrigóuselle a deixar a banda cando quixo adicar máis tempo a facer vídeos de YouTube.
Participou en YouTube Rewind 2014 En abril de 2014, durante unha performance organizada por "Telmex Aldea Digital" na Praza da Constitución, na Cidade de México, houbo un accidente debido a un exceso de persoas. O resultado foi que dez persoas novas sufriron danos menores, e varios desmaiáronse debido ao moito tempo de exposición ao sol. A policía e os auxiliares sanitarios tiveron que intervir para resolver o incidente. A pesar da presenza dunha forza policial de 500 axentes, medidas de seguranza, e contar cun grupo de protección civil, o número de asistentes, uns 35.000 segundo algunhas estimacións, excedía as expectativas dos corpos de seguridade. O accidente debeuse á gran cantidade de xente que quería entrar á carpa, incluso non habendo máis sitio. O acontecemento tivo que ser cancelado e os corpos de seguridade reforzáronse para evitar o caos na multitude. Germán tivo que deixar a praza e, máis tarde, desculpouse cos seus seguidores.
En 2016 converteuse no primeiro YouTuber en recibir dúas placas de diamante. Ademais da súa carreira en YouTube, desenvolveu unha carreira musical con bandas como Zudex, Feeling Every Sunset ou Ancud; Tamén lanzou varias cancións en solitario. En abril de 2016 publicou o seu primeiro libro, #ChupaElPerro. En 2018, publicou outro libro, Di Hola. Recibiu eloxios polas súas canles de YouTube. Nos premios MTV Millennial, gañou as categorías Digital Icon e Master Gamer en 2014 e 2015, respectivamente. Foi recoñecido como unha das maiores estrelas de YouTube por The Washington Post, unha das máis populares pola BBC e unha das máis influentes pola revista Time.
O 16 de maio de 2024, a canle JuegaGerman converteuse na primeira canle en español en superar os 50 millóns de subscritores, e na primeira canle de YouTube en español en recibir o premio coñecido popularmente como "Ruby Play Button", que se entrega aos creadores por superar ese número de subscritores.
En 2026 a súa canle JuegaGerman é a 79ª canle máis popular do mundo e ten 55,3 millóns de subscritores. Tamén é o quinto YouTuber máis subscrito en castelán, por detrás da canle española Mikecrack. Actualmente, é o YouTuber con máis subscritores en Chile.
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Copiapó Categoría:Personalidades de YouTube