La Unión foi un periódico que se editou nas Pontes de García Rodríguez entre 1913 e 1915.

Historia e características Subtitulado Periódico Independiente de Puentes de García Rodríguez, apareceu o 1 de outubro de 1913. Periódico quincenal que se publicaba os días 1 e 15 de cada mes coincidindo coas feiras da vila. Dirixido por Julio Illade Rilo. De liña monárquico conservadora, enfrontouse cos membros da corporación municipal, en especial co alcalde liberal Benito Cabaleiro Piñón e o secretario municipal Andrés F. Corral. Entre os seus colaboradores figuraron José Varela, César Cal, Jesús Cabarcos Cal e Gerardo Fanego, e dende Cuba Francisco Penabad e Daniel Suárez. Imprimíase nos obradoiros de El Correo Gallego de Ferrol. Aínda se publicaba en 1915.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da provincia da Coruña Categoría:As Pontes de García Rodríguez Categoría:1913 en Galicia