Andrés Díaz Sobral, nado en Ponte Caldelas o 13 de febreiro de 1976, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Técnico especialista en robótica. Con 17 anos alistouse no exército e estivo destinado na BRILAT participando en dúas misións en Bosnia e Hercegovina (1995 e 1997). Tras 8 anos nas forzas armadas superou unha oposición e formouse en robótica, pasando a traballar na fábrica de Citroën de Vigo.
Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Ponte Caldelas e foi elixido concelleiro. Nas municipais de 2015 volveu ser cabeza de lista socialista e foi elixido alcalde co apoio da Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas e do BNG, cos cales pasou a gobernar en coalición. Foi un dos principais apoios de Pedro Sánchez en Galicia durante o proceso de primarias de 2017. En decembro de 2017 foi elixido Secretario de Organización provincial do PSdeG na Provincia de Pontevedra, baixo o mandato de David Regades, mais renunciou en xaneiro de 2018.
Nas municipais de 2019 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2023 volveu ser reelixido con maioría absoluta, superando nesta ocasión o 60 % dos votos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ponte Caldelas
Categoría:Alcaldes de Ponte Caldelas Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes