Xosé Represas Giráldez, nado en Xinzo (Ponteareas) o 20 de maio de 1956 e finado o 24 de maio de 2021, foi un político galego, alcalde de Ponteareas.
Traxectoria Diplomado en Empresariais pola Universidade de Vigo, traballou nunha entidade financeira en Ponteareas. Foi directivo da Comunidade de Montes de Xinzo e presidente da Asociación Forestal de Galicia. Afiliado ao BNG, foi concelleiro en Ponteareas entre 1999 e 2000 como número 2 de Roberto Mera. Concorreu de novo, pero en postos de non saída, nas eleccións municipais de 2003 e 2007. Volveu como concelleiro do BNG en Ponteareas en xuño de 2009, en substitución de Roberto Mera, pasando a ser ademais prtavoz municipal. Nas eleccións municipais de 2011 foi o cabeza de lista do BNG en Ponteareas, tralas cales continuou como portavoz na oposición. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou de novo a lista do BNG e foi elixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE, A Riada do Tea e EU-Son"El nacionalista Represas asume el mando de Ponteareas con un pacto de izquierdas" Faro de Vigo ., sendo a primeira ocasión na que os grupos de esquerda lograron maioría na vila, conformando un goberno tripartito co PSdeG e a Riada. Nas seguintes eleccións, en 2019, logrou unha histórica vitoria para o BNG en Ponteareas, con 9 dos 21 concelleiros, polo que foi reelixido alcalde e estableceu un novo pacto de goberno cos socialistas.
O 29 de abril de 2021 renunciou á alcaldía por enfermidade, e faleceu o 24 de maio dese ano.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ponteareas
Ligazóns externas Entrevista
Categoría:Alcaldes de Ponteareas Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Nados en 1956 Categoría:Concelleiros de Ponteareas Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Finados en 2021