miniatura|Nena nun bambán. Un bambán, tamén chamado acaneadoiro, arrandeadoiro, carrandiola, carriola, cinchón, dindán ou randeeira, na súa primeira acepción é un aparello formado por un asento que pende dunha estrutura e que se usa para divertimentos dos nenos, nos circos para espectáculos acrobáticos, ou nun soportal para relaxarse. O asento do bambán pode estar sostido por cadeas ou cordas. Unha vez que o bambán está en movemento, continúa a oscilar coma un péndulo até que unha interferencia externa o deteña.

Nos parques infantís, son comúns os bambáns de metal ou madeira, tendo gran variedade de tamaños e formas. Para os máis cativos, adoitan ter ocos para as pernas que terman do neno en posición ergueita namentres os seus pais empurran o bambán para facer o balanceo. miniatura|Bambán. Na segunda acepción que aparece no DIRAG é un enredo que consiste nunha barra fixa colocada sobre un punto de apoio no centro, nos extremos da cal se sentan os nenos para subir e baixar alternativamente.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Escorregadoiro

Categoría:Parques