Paralichthys é unha xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, o xénero tipo da familia dos paralictíidos.Paralichthys Girard, 1858 no WoRMS.

O xénero comprende de 15 a 20 especies, segundo os autores, propias das costas atlánticas e pacíficas do continente americano e das asiáticas do Pacífico centrooriental,Mapa de distribución en Encyclopedia of Life. moitas delas de interese pesqueiro.

Taxonomía O xénero foi descrito en 1858 polo zoólogo estadounidense de orixe francesa Charles Frédéric Girard.

Etimoloxía Paralichthys está formado polo elemento do latín científico paral-, derivado do termo do grego antigo παράλιος parálios, que significa "situado canda o mar", "costeiro" (como adxectivo), e "costa", "ribeira" (como substantivo), e o termo grego ἰχθύς ichthýs, "peixe". Literlamente: "os peixes que viven na beira do mar".

miniatura|230px|Paralichthys brasiliensis. miniatura|230px|Paralichthys lethostigma. miniatura|230px|Paralichthys orbignyanus. Especies Na actuadlidade, no xénero recoñécense as seguintes especies:Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2014): Especies do xénero Paralichthys en FishBase.

Paralichthys adspersus (Steindachner, 1867) Paralichthys aestuarius C. H. Gilbert & Scofield, 1898 Paralichthys albigutta D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1882 Paralichthys brasiliensis (Ranzani, 1842) Paralichthys californicus (Ayres, 1859) Paralichthys delfini Pequeño & Plaza, 1987 Paralichthys dentatus (Linnaeus, 1766) - Rapante de verán.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 80. Paralichthys fernandezianus Steindachner, 1903 Paralichthys isosceles D. S. Jordan, 1891 Paralichthys lethostigma D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1884 Paralichthys microps (Günther, 1881) Paralichthys oblongus (Mitchill, 1815) - rapante de catro ollos.Clasificado como Hippoglossina oblonga (Mitchill, 1815) por varias autoridades, incluídas o WoRMS e a FishBase. Paralichthys olivaceus (Temminck & Schlegel, 1846) - Rapante xaponés. Paralichthys microps (Günther, 1881) Paralichthys orbignyanus (Valenciennes, 1839) Paralichthys patagonicus D. S. Jordan, 1889 Paralichthys squamilentus D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1882 Paralichthys triocellatus A. Miranda-Ribeiro, 1903 Paralichthys tropicus Ginsburg, 1933 Paralichthys woolmani D. S. Jordan & T. M. Williams, 1897

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronectiformes Paralictíidos

Ligazóns externas Paralichthys no SIIT. Paralichthys en ADW. http://eol.org/pages/23911/overview Paralichthys en Encycopedia of Life. Paralichthys no NCBI.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Produtos da pesca