Hippoglossina oblonga é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos,Hippoglossina oblonga (Mitchill, 1815) no WoRMS. coñecida en galego como rapante de catro ollos.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 80. (Citada como Paraichthys oblongus).

Esta especie foi situada no xénero Paralichthys por algunhas autoridades.Froese, Rainer and Pauly, Daniel, eds. (2014): Hippoglossina oblonga en FishBase.

Taxonomía A especie foi definida en 1815 polo médico e naturalista estadounidense Samuel Latham Mitchill, co nome de Pleuronectes oblongus, polo que se coñece polos sinónimos: Paralichthys oblongus (Mitchill, 1815) e Pleuronectes oblongus Mitchill, 1815)

Por outra parte, varios autores sitúan a especie dentro do xénero Paralichthys, polo que tamén e coñece con nome Paralichthys oblongus (Mitchill, 1815).

Catacterísticas Como o maioría dos peixes planos sinistros (os que teñen ambos os ollos no lado esquerdo do corpo) pode cambiar a coloración do lado pigmentado para imitar o do fondo circundante, e tamén é capaz de escavar rapidamente en fondos lamacentos ou areosos.

A parte posterior do corpo, de cor que pode variar en xeral parda clara a gris escura, está marcada por catro grandes e conspicuas manchas negras cos bordos dunha cor moito máis clara, a xeito de "ollos", dúas delas situadas en cada marxe do corpo, ao que alude o seu nome vulgar "de catro ollos" en varias linguas.<ref>Castelán: falso halibut de cuatro ocelos; francés: cardeau à quatre ocelles; galego: rapante de catro ollos; inglés: four-spot flounder; portugués: carta-de-quatro-olhos.</ref>

Os dentes son afiados e están ben desenvolvidos.

O lado cego é de cor rosada pálida, case transparente en certas áreas.

Datos recollidos dos arrastreiros de pesca suxiren que os adultos miden por termo medio entre os 25 e os 30 cm de lonxitude, sendo probabelmente o seu tamaño máximo duns 40 cm.

Os adultos son depredadores, sobre todo piscívoros, comendo calquera peixe pequeno bentónico, e tamén cefalópodos.

Hábitat e distribución

Habita en fondos areosos e lodosos, a profundidades de polo menos 20 m, até o bordo da plataforma continental. A súa área de dispersión vai dende o golfo de Maine e, quizais, como límite norte, as costas da Nova Escocia, até as da Florida. As migracións e a reprodución desta especie son pouco coñecidas.

Pesca O rapante de catro ollos péscase na zona pesqueira 21 (noroeste do Atlántico), onde o apañan os arrastreiros. Debido ao seu pequeno tamaño e a súa escaseza cerca da costa non é apreciado ou incluso coñecido polos pescadores deportivos, que a miúdo poden confundilo co seu parente Paralichthys dentatus (o rapante de verán), co que comparte área de distribución, aparencia e hábitos alimentarios. Porén, pode distinguirse del, á parte polos catro "ollos", tamén pola súa forma un pouco máis alongada e polos ollos "auténticos" proporcionalmente maiores. A súa carne é branca e de sabor moi suave, semellante ao do rapante de verán e a de Paralichthys lethostigma.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Scott, W. B. & M. G. Scott (1988): Atlantic fishes of Canada. Toronto, Ontario, Canadá: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-5712-8.

Outros artigos Pleuronectiformes Paralictíidos Hippoglossina''

Ligazóns externas Hippoglossina oblonga no SIIT. Hippoglossina oblonga en ADW. Hippoglossina oblonga en Encyclopedia of Life.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Produtos da pesca