A dos paralictíidos (Paralichthyidae) é unha familia de peixes teleósteos acantopterixios da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos.Paralichthyidae Regan, 1910 no WoRMS.

Comprende numerosas especies principalmente mariñas, aínda que algunhas son habitantes de estuarios e incluso dos ríos, que están distribuídas polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no mioceno, durante o terciario superior.Berg, L.S., 1958. System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlin: VEB Verlag der Wissenschaften.

Varias das súas especies teñen certa importancia pesqueira, tanto para a pesca comercial coma a deportiva.

Etimoloxía O nome da familia, Paralichthyidae, está formado sobre a base do xénero tipo, Paralichthys, coa desinencia do latín científico ´-idae, empregada para formar os nomes das familias de animais.

O nome Paralichthys, pola súa parte, está formado polo elemento do latín científico paral-, derivado do termo do grego antigo παράλιος parálios, que significa "situado canda o mar", "costeiro" (como adxectivo), e " costa", "ribeira" (como substantivo), e o termo grego ἰχθύς ichthýs, "peixe". Literalmente: "os peixes que viven na beira do mar".

Características Morfoloxía Son peixes planos sinistros, é dicir, que teñen os dous ollos no lado esquerdo da cabeza. Non teñen raios espiñentos nin nas aletas pectorais nin nas pelvianas. A base das aletas pelviana é curta e case simétrica. Reprodución A desova prodúcese con abandono da posta dos ovos, os cales teñen na xema un único glóbulo de aceite.

Taxonomía Segundo o WoRMS, a familia foi establecida en 1810 polo ictiólogo inglés Charles Tate Regan en "The origin and evolution of the teleostean fishes of the order Heterosomata", Annals and Magazine of Natural History 8: 484-496. Porén, outros autores atribúenlle a súa autoría, en 1937 ao francés Paul Chabanaud.

Na actualidade recoñécense n a familia os seguintes xéneros.

Ancylopsetta (Gill, 1864) Cephalopsetta (Dutt & Rao, 1965) Citharichthys (Bleeker, 1862) Cyclopsetta (Gill 1889) Etropus (Jordan & Gilbert, 1882) Gastropsetta (Bean 1895) Hippoglossina (Steindachner, 1876) Paralichthys (Girard, 1858) Pseudorhombus (Bleeker, 1862) Syacium (Ranzani, 1842) Tarphops (Jordan & Thompson, 1914) Tephrinectes (Günther, 1862) Thysanopsetta (Günther, 1880) Xystreurys (Jordan & Gilbert, 1880)

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Peixes Acantopterixios Pleuronectiformes

Ligazóns externas Paralichthyidae en Encyclopedia of Life. Paralichthyidae en Barcodes of Life. Paralichthyidae no SIIT. Paralichthyidae en FishBase. Paralichthyidae no NCBI.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Produtos da pesca