A Arqueta de Sant Cugat é un relicario de ourivaría de comezos do século XIV, feito con placas de prata repuxada e cincelada en parte douradas e sobrepostas sobre unha arqueta de madeira, que representan escenas da vida e morte de san Covade. Os seus autores foron Joan de Gènova e Arnau Campredon. Durante o século XVII procedeuse á súa desmontaxe e construíuse unha nova de menor tamaño, na que se reutilizaron as placas de prata da anterior.

Conservouse no mosteiro de Sant Cugat dende o século XIV até o ano 1835, que por mor da desamortización do mosteiro, a arqueta coas reliquias pasou a venerarse na igrexa de Sant Cugat del Rec, en Barcelona. Na actualidade pertence á colección do Museo Diocesano de Barcelona.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Covade Urna de San Cándido

Categoría:Sant Cugat del Vallès Categoría:Arte de Cataluña