On the Road (en ), é un filme de 2012 dirixido por Walter Salles e baseado na novela de Jack Kerouac On the Road. O filme contou coa participación dos actores Garrett Hedlund, Sam Riley, Kristen Stewart, Alice Braga, Amy Adams, Tom Sturridge, Danny Morgan, Elisabeth Moss, Kirsten Dunst, e Viggo Mortensen. O produtor executivo foi Francis Ford Coppola. A rodaxe comezou o 4 de agosto de 2010 en Montreal, Quebec, cun orzamento de 25 millóns de dólares. A historia baseáse nos anos nos que Kerouac viaxou polos Estados Unidos a finais da década de 1940 co seu amigo Neal Cassady e outras figuras da xeración Beat coma William S. Burroughs ou Allen Ginsberg. O 23 de maio de 2012, o filme foi galardoada coa Palma de Ouro no Festival de Cannes dese ano. Tamén foi premiada no Festival Internacional de Cinema de Toronto en setembro de 2012.

Protagonistas

Garrett Hedlund como Dean Moriarty Sam Riley como Sal Paradise Kristen Stewart como Marylou Alice Braga como Terry Amy Adams como Jane Tom Sturridge como Carlo Marx Elisabeth Moss como Galatea Dunkel Danny Morgan como Ed Dunkel Kirsten Dunst como Camille Moriarty Viggo Mortensen como Old Bull Lee Steve Buscemi como Tall Thin Salesman Terrence Howard como Walter Giselle Itié como Tonia Marie-Ginette Guay como Ma Paradise

Notas

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Walter Salles Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América