O Síndic de Greuges (Síndico de Agravios en galego) é o defensor do pobo de Cataluña. É unha das institucións da Generalitat de Cataluña e as súas funcións están definidas nos artigos 78 e 79 do Estatuto de Autonomía. A súa misión é garantir o dereito de todos os cidadáns a unha bona administración gobernamental. Atende as queixas das persoas que se atopen desamparadas pola actuación ou falta de actuación das administracións. A figura do Síndic ten precedentes históricos nas asembleas de paz e tregua do século XI e nos provisors de greuges da Idade Media. Os Síndics de Greuges de Cataluña foron os seguintes: Frederic Rahola i d'Espona: 1984-1992 Anton Cañellas i Balcells: 1993-2004 Rafael Ribó i Massó: 2004-actualidade

Véxase tamén Ligazóns externas

Síndic de Greuges de Catalunya

Categoría:Valedorías Categoría:Organismos da Generalitat de Cataluña