Cándido Pereiro Trelles, nado no Porriño, foi un político galego.
Traxectoria Propietario do Teatro-Cine Carrera (que cambiou o seu nome polo de Salón Pereiro en 1932) e da fábrica de gasosas La Louriña, foi concelleiro do Porriño na Segunda República e primeiro tenente alcalde. Logo do triunfo da Fronte Popular foi elixido alcalde do Porriño en marzo de 1936.El Pueblo Gallego, 15-3-1936, p. 4. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xulgado en Vigo por rebelión militar e foi absolto. Foi multado por difamación en 1943.El Pueblo Gallego, 5-3-1943, p. 6.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alcaldes do Porriño Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido