Vicente Antonio Posse Roybanes, nado en Betanzos en 1753 e finado na Coruña en 1809, foi un médico galego.
Traxectoria Estudou na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como médico titular en Pontedeume e no Hospital de San Antonio de Padua de Betanzos, e pasou a ser médico titular na Coruña. Nesta cidade coñeceu en 1803 a Francisco Xavier Balmis, que estaba a organizar a Real Expedición Filantrópica da Vacina e con quen colaborou nos preparativos. En 1805 iniciou na Coruña por mandato do Capitán Xeneral a inocuación antivariólica. A partir de 1806 procurou estender a toda Galicia o primeiro plan da vacina da varíola. Foi o iniciador da vacinación en Galicia e o primeiro autor dun documento sobre política de vacinas e saúde públicaCarlos González Guitián e Fausto Galdo Fernández (2013): "Antonio Posse Roybanes. Pioneiro na inoculación da vacina da varíola e da súa difusión en Galicia" , Álbum da Ciencia, CCG..
En 1804 Posse enviou á Xunta de Sanidade unha comunicación sobre a intoxicación duns veciños por comer mexillóns. Esta comunicación foi redescuberta en 2012 e considérase a descrición máis antiga do mundo dunha intoxicación por algas nocivas do que dende os anos 1980 se chama mareas vermellas"Cuando la peste llamó a las puertas de A Coruña", artigo en La Opinión de A Coruña, 8 de novembro de 2012 ..
Notas
Véxase tamén Bibliografía Fernández Fernández, Carlos M. (2007): "El médico Pose Roibanes: un brigantino en los inicios de la lucha contra la viruela". Anuario Brigantino n.º 30, pp. 249–262.
Ligazóns externas
Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1753 Categoría:Finados en 1809 Categoría:Médicos de Betanzos Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Varíola