Daniel Pedrosa Loureiro, coñecido como Dani Pedrosa nado en Ribadeo (A Mariña) o 4 de setembro de 1996, é un futbolista galego que actualmente xoga de dianteiro no Bergantiños, da Segunda División RFEF.
Traxectoria Nado en Ribadeo, formouse nas categorías inferiores do Club Deportivo Lugo. Debutou co primeiro equipo o 16 de outubro de 2013, tras saír en substitución do seu tamén compañeiro do xuvenil Keko Vilariño na derrota do club galego por 1-0 ante o Recreativo de Huelva nun encontro de Copa do Rei no Nuevo Colombino. Algo máis dun ano despois debutou na Segunda División, saíndo ao Anxo Carro o 31 de maio de 2015 como titular ante o Albacete, nun encontro que remataría con empate 1-1.
O 27 de xaneiro de 2016 foi cedido até final de temporada ao Somozas da Segunda División B. Disputou 11 partidos co club de Ferrolterra, e a súa cesión foi ampliada á tempada 2016/17, na que xogou 27 encontros, descendendo ao remate da competición. Para a seguinte campaña saíu outra vez cedido, desta volta ao Cerceda, tamén de Segunda B, onde marcou 6 goles en 33 partidos e viviu un novo descenso.
En 2018 desvencellouse do Lugo e asinou contrato co Valladolid B, filial do Real Valladolid. No equipo castelán xogou 34 encontros, marcando un gol ante o Fabril. Na seguinte tempada xogou coa UD Ourense na Terceira División, ata que en 2020 fichou polo Racing Vilalbés, da mesma categoría. Militou dúas tempadas no equipo da Terra Chá, sendo na segunda delas o máximo goleador do grupo galego da Terceira División RFEF, empatado a 14 goles con David Rojo e Davo.
En xuño de 2022 foi anunciado como novo xogador do Bergantiños, equipo da Segunda División RFEF.
Clubs ClubCategoríaTempadaPXGolesLugoSegunda2014–201510LugoSegunda2015–201600SomozasSegunda B2016111SomozasSegunda B2016−2017270CercedaSegunda B2017−2018336Valladolid BSegunda B2018−2019341UD OurenseTerceira2019−2020152Racing VilalbésTerceira2020−2021235Racing VilalbésTerceira RFEF2021−20223114BergantiñosSegunda RFEF2022−202300
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en BD Fútbol Perfil en scoresway.com
Categoría:Futbolistas de Ribadeo Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores da UD Somozas Categoría:Xogadores do CCD Cerceda Categoría:Xogadores do Real Valladolid B Categoría:Xogadores da UD Ourense Categoría:Xogadores do Racing Vilalbés Categoría:Xogadores do Bergantiños FC Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1996