Celso López Blanco, nado en Laza o 14 de outubro de 1891 e finado en Pontevedra o 23 de setembro de 1958, foi un médico odontólogo e político galego.

Traxectoria Fillo de Francisco López, fiel contraste na provincia de Pontevedra, e Liduvina Blanco e irmán de Milagros López Blanco. Casou con Elisa Barrio, con quen tivo catro fillos: Celso, Francisco, Minima e Elisa.

Profesional Viviu en Pontevedra desde novo. Estudou no Colexio San Luís Gonzaga, na rúa de San Telmo. Estudou Medicina na Universidade de Valladolid, e en 1915 exerceu como doutor en Udías (Cantabria). En 1916 licenciouse con matrícula de honra na Escola de Odontoloxía de MadridEl Progreso, 9 de xuño de 1916., e foi alumno bolseiro do Hospital Provincial de Valladolid. Escribiu numerosos artigos científicos, e foi responsable da parte epidemiolóxica do traballo do doutor García Román. En 1917 abriu dúas clínicas dentais en Pontevedra en VigoVida Gallega, 15 de agosto de 1917..

O 17 de xuño de 1930 foi nomeado primeiro presidente do Colexio de Odontólogos da 11ª Rexión (provincias de Pontevedra e Ourense)"Historia del Colegio" , na web do Colegio Oficial de Odontólogos y Estomatólogos de Pontevedra y Ourense.. Canda a Luis Fontaíña, vicepresidente e secretario do colexio, solicitaron información sobre a licenza de médico de Abraham Zbarsky Geller"Dentistas rusos: as familias Zbarsky e Kuper", artigo de Xosé Álvarez Castro no blog Pontevedra nos anos do medo, 29 de decembro de 2014.. No XII Congreso Nacional de Odontoloxía, celebrado en Valencia o 21 de marzo de 1931, foi elixido vicepresidente do Consello da Federación Española Dental, sendo nomeado tesoureiro o seu compañeiro e amigo pontevedrés Luís Fontaíña. En maio de 1936, logo de superar as probas celebradas en Madrid, foi nomeado xefe da sección de odontoloxía do Instituto Provincial de Hixiene Médica de Pontevedra, ligado ao corpo de sanidade.

Política Protagonista da vida política local de Pontevedra foi candidato monárquico nas eleccións municipais do 14 de abril de 1931 con Tomás Abeigón Pazos (médico), Plácido García González (comerciante), Víctor Lis Quibén (médico), Peregrino Fariña Otuna (mariñeiro), Ramón Segura de la Garmilla (profesor da Normal), José Paz Vidal (industrial) e Francisco Rodríguez Arruñada (procurador e corredor de comercio).El Progreso, 5-4-1931, p. 1.

Foi un dos asinantes do manifesto constitutivo da Unión Regional de Derechas de Pontevedra, fundado o 25 de decembro de 1931 no Teatro Principal de Pontevedra, e integrado logo no partido Acción Popular que máis adiante formaría parta da alianza Confederación Española de Derechas Autónomas CEDA en 1933.

En agosto de 1936, tralo alzamento nacional, pasou a militar na Falange Española. Posteriormente foi nomeado Secretario Provincial de Saúde da FET y de las JONS. Celso López Blanco tiña unha estación de radioafeccionado EA1BH. A estación de radio, situada na praza da Peregrina, foi utilizada polas forzas golpistas, ao mando do gobernador civil de Pontevedra, ao igual cá estación radiofónica do tamén médico Enrique Vázquez LescailleInforme do Xefe da Falanxe en Pontevedra para a Delegación Nacional de Prensa e Propaganda, 29 de agosto de 1937 (Arquivo Xeral da Administración, caixa 1340).. Esta estación sería coñecida máis adiante coma FET Pontevedra, e serviu para a difusión de cuestións doutrinarias da Falanxe.

En decembro de 1939 foi nomeado contable do Consello Provincial da Orde dos Médicos de Pontevedra, sendo presidente Evaristo Vázquez Lescaille. En 1943 foi nomeado secretario do Consello Provincial de Curador da protección ás mulleres, sendo o seu presidente o gobernador civil, Francisco Rodríguez Acosta.El Pueblo Gallego, 24-2-1943.

Social Pertenceu ao club recreativo e social pontevedrés Karepas, canda a Castelao, Sánchez Cantón, Losada Diéguez e Tomás Abeigón Pazos.

Radioafeccionado con indicativo de chamada EA1BH.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Celso López Blanco, EA1BH (1891-1958)

Categoría:Médicos de Laza Categoría:Falanxistas Categoría:Nados en Laza Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid