Dicologlossa é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos, propios das augas tropicais, subtropicais e temperadas do Atlántico oriental.
Taxonomía O xénero foi descrito en 1927 polo ictiólogo francés Paul Chabanaud.Dicologlossa Chabanaud, 1927 no WoRMS.
Durante algún tempo foi tamén coñecido polo sinónimo Dicologoglossa, pero foi rexietado por ser incorrecto desde o punto de vista gramatical.
Etimoloxía O nome Dicologlossa está formado a partir dos elementos do grego antigo δι- di-, "dous, dúas" e -κολο- -colo-, derivado de κόλος cólos, "cortado", "truncado", "mutilado", e do termo γλῶσσα glṓssa, "lingua". Literalmente: "de lingua cortada dúas veces".
Especies Na actualidade no xénero recoñécense as seguintes dúas especies:Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Dicologlossa en FishBase. Dicologlossa cuneata (É. Moreau, 1881) Dicologlossa hexophthalma (E. T. Bennett, 1831)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pleuronectiformes Soleidos
Categoría:Pleuronectiformes