Dominic Felix Amici, nado en Kenosha (Wisconsin) o 31 de maio de 1908 e finado en Scottsdale (Arizona) o 6 de decembro de 1993 foi un actor estadounidense coñecido como Don Ameche ([əˈmiːtʃi]).
Traxectoria Ameche naceu en Wisconsin, fillo de Felice Amici, camareiro italiano e de Barbara Etta Hertel, de orixe escocesa, irlandesa e alemá.
Ameche tiña a intención de estudar dereito, mais atopou máis interesante o teatro e decidiu seguir unha carreira coma actor. Ameche comezou a súa carreira no vodevil e debutou no cinema en 1935. A finais da década xa tiña un nome como actor en Hollywood. Apareceu en filmes como Alexander's Ragtime Band (1938) e The Story of Alexander Graham Bell (1939). Este último fixo que se empregase a palabra "ameche" en argot.Kilen, Mike. "Ameche's son in Iowa City recalls dad's legacy of joy" . Iowa City Gazette. 8 de decembro de 1993. No filme de 1940 Go West Groucho Marx di "Teléfono? Estamos en 1870, Don Ameche aínda non inventou o teléfono". Interpretou tantos papeis baseados en personaxes reais que o presentador radiofónico Fred Allen bromeou dicindo que "Moi pronto, Don Ameche interpretará a Don Ameche." Pouco despois, en It's in the Bag! (1945), protagonizado polo propio Allen, efectivamente se interpretou a el mesmo.
Entre 1946 e 1949 foi o propietario do equipo dos Los Angeles Dons da All-America Football Conference, xunto con outros artistas como Bing Crosby e Bob Hope.
En 1983 participou co tamén veterano actor Ralph Bellamy en Trading Places, de John Landis. Isto levounos a volver a triunfar en Hollywood, e co seu seguinte papel, en Cocoon (1985), gañou o Oscar ao mellor actor secundario.
Ameche foi especialmente coñecido tamén polas súas interpretacións na radio, chegando a ter o seu propio programa, The Old Gold Don Ameche Show, na NBC Red a principios da década de 1940.
Filmografía Ano Título Personaxe 1935 Clive of India Prisioneiro (sen acreditar) (sen confirmar) 1935 Dante's Inferno Home na caldeira (sen acreditar) 1936 Sins of Man Karl Freyman/Mario Signarelli 1936 Ramona Alessandro 1936 Ladies in Love Dr. Rudi Imre 1936 One in a Million Bob Harris 1937 In Old Chicago Jack O'Leary 1937 Love Is News Martin J. Canavan 1937 Fifty Roads to Town Peter Nostrand 1937 You Can't Have Everything George Macrae 1937 Love Under Fire Tracy Egan 1938 Happy Landing Jimmy Hall 1938 Alexander's Ragtime Band Charlie Dwyer 1938 Josette David Brassard Jr. 1938 Gateway Dick Court 1939 The Three Musketeers D'Artagnan 1939 Midnight Tibor Czerny 1939 The Story of Alexander Graham Bell Alexander Graham Bell 1939 Hollywood Cavalcade Michael Linnett 'Mike' Connors 1939 Swanee River Stephen Foster 1940 Lillian Russell Edward Solomon 1940 Four Sons Chris Bern 1940 Down Argentine Way Ricardo Quintana 1941 That Night in Rio Impersonator Larry Martin/Baron Manuel Duarte 1941 Moon Over Miami Phil 'Mac' McNeil 1941 Kiss the Boys Goodbye Lloyd Lloyd 1941 The Feminine Touch Prof. John Hathaway 1941 Confirm or Deny 'Mitch' Mitchell 1942 The Magnificent Dope Dwight Dawson 1942 Girl Trouble Pedro Sullivan 1943 Something to Shout About Ken Douglas 1943 Heaven Can Wait Henry Van Cleve 1943 Happy Land Lew Marsh 1944 Wing and a Prayer Flight Cmdr. Bingo Harper 1944 Greenwich Village Kenneth Harvey 1945 It's in the Bag! Don, A Singing Waiter (cameo) 1945 Guest Wife Joseph Jefferson 'Joe' Parker 1946 So Goes My Love Hiram Stephen Maxim 1947 That's My Man Joe Grange 1948 Sleep, My Love Richard W. Courtland 1949 Slightly French John Gayle 1954 Phantom Caravan Lawrence Evans 1961 A Fever in the Blood Senator Alex S. Simon 1966 Rings Around the World El mesmo 1966 Picture Mommy Dead Edward Shelley 1970 The Boatniks Commander Taylor 1970 Suppose They Gave a War and Nobody Came Col. Flanders 1971 Columbo: Suitable for Framing Frank Simpson 1983 Trading Places Mortimer Duke 1985 Cocoon Art Selwyn1987 Pals Art Riddle / Arthur James Van Pelt 1987 Bigfoot Dr. Wallace Wrightwood 1988 Coming to America Mortimer Duke 1988 Things Change Gino 1988 Cocoon: The Return Art Selwyn 1990 Oddball Hall G. Paul Siebriese 1991 Oscar Father Clemente 1992 Folks! Harry Aldrich 1993 Homeward Bound: The Incredible Journey Shadow (voz) 1994 Corina, Corina Grandpa Harry
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Wisconsin Categoría:Nados en Kenosha, Wisconsin Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana Categoría:Estadounidenses de ascendencia escocesa