Anna Eileen Herbert,"On March 29, 1919, Anna Eileen Herbert was born, and her surname was quickly changed to Heckart." Yankee, Luke. Just Outside the Spotlight: Growing Up with Eileen Heckart. BackStage Books (2006), p. 16; ISBN 0-8230-7888-4; Library of Congress Control# 2006921113 nada en Columbus (Ohio) o 29 de marzo de 1919 e finada en Norwalk (Connecticut) o 31 de decembro de 2001 foi unha actriz estadounidense coñecida como Eileen Heckart.
Traxectoria Heckart naceu en Columbus, Ohio, filla de Esther Stark, que casou con Leo Herbert (que non era o pai da nena) pola insistencia da súa nai para que a filla non tivese o estigma de ilexítima. A nena axiña foi adoptada polo segundo marido da súa avoa materna, J.W. Heckart, co apelido co que sería coñecida toda a súa vida.
Tras estudar arte dramática na Universidade Estatal de Ohio comezou a súa carreira en Broadway como axudante de escena en 1943. Continuou no teatro toda a súa vida, e en 2000, con 81 anos apareceu na obra The Waverly Gallery, de Kenneth Lonergan, no off-Broadway, gañando varios premios.
En 1972 gañou o Óscar á mellor actriz secundaria por Butterflies Are Free.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1956 Miracle in the Rain Grace Ullman 1956 Somebody Up There Likes Me Ma Barbella 1956 Bus Stop Vera 1956 The Bad Seed Hortense Daigle 1958 Hot Spell Alma's Friend 1960 O pistoleiro de Cheyenne Mrs. Lorna Hathaway 1967 Up the Down Staircase Henrietta Pastorfield 1968 No Way to Treat a Lady Mrs. Brummel 1969 The Tree Sally Dunning 1972 Butterflies Are Free Mrs. Baker 1974 Zandy's Bride Ma Allan 1975 The Hiding Place Katje 1976 Burnt Offerings Roz Allardyce1983Trauma CenterAmy Decker R.N. 1986 Seize the Day Funeral Woman #1 1986 O sarxento de ferro Little Mary Jackson 1994 The 5 Mrs. Buchanans Emma Buchanan 1996 The First Wives Club Catherine MacDuggan
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Ohio Categoría:Nados en Columbus, Ohio Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Finados por cancro de pulmón Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Ohio