Ross Shor Lynch é un cantante, compositor, actor e músico estadounidense. É un dos membros fundadores da banda de pop rock R5. É mellor coñecido polo seu rol debut como Austin Moon na serie de Disney Channel Austin & Ally.
Biografía Ross Lynch naceu e creceu en Littleton, Colorado, como segundo fillo máis novo dun total de cinco irmáns (Riker, Rydel, Rocky e Ryland). Foi educado na casa dende o cuarto grao. É curmán dos bailaríns Derek Hough e Julianne Hough. Lynch e a súa familia mudáronse a Os Ánxeles, California, no 2007.
Carreira 200px|miniatura|esquerda|Ross Lynch cantando no Loud Tour en 2013. Lynch sabe tocar o piano, a batería, a guitarra e o baixo. El bailou para os Rage Boyz Crew, un grupo fundado por unha compañía de danza de California do Sur. Estivo en So You Think You Can Dance e apareceu en espectáculos como Moises Rules!, e en filmes como Grapple, con Anton Troy. En 2009, apareceu no videoclip de Kidz Bop da canción "Let It Rock" e no de Cymphonique "Lil' Miss Swagger". A principios de 2011 forma parte do elenco da serie orixinal de Disney Channel Austin & Ally', co papel protagonista masculino de Austin Moon, un cantante adolescente que se converte nunha sensación da música após subir unha actuación a internet e máis tarde alíase con Ally, interpretada por Laura Marano. O episodio piloto fixo que a serie aumentara a unha tempada completa; a serie tivo a súa estrea en decembro de 2011, e renovou para unha segunda tempada en marzo de 2012. En primavera de 2013 fi anunciada unha terceira tempada.
En 2012, Lynch comeza a traballar no filme orixinal de Disney Channel, Teen Beach Movie. O filme foi gravada en Porto Rico. El tiña o papel de Brady, o protagonista masculino do filme. O seu primeiro sinxelo promocional, "A Billion Hits" foi lanzado o 2 de abril de 2012.
Con R5 En marzo de 2010, eles sacaron o seu primeiro EP, Ready Set Rock e en setembro firmaron co selo Hollywood Records. O segundo EP, Loud, foi lanzado o 19 de febreiro de 2013, xunto ao sinxelo "Loud". A banda lanzou o seu primeiro álbum, Louder o 24 de setembro de 2013 e o álbum non contiña catro das cancións de Loud e sete novas cancións. O terceiro EP da banda, chamado Heart Made Up on You'', foi lanzado o 22 de xullo de 2014.
Filmografía +Filmes Ano Título RolNotas 2010 Grapple! Aaron Curtametraxe 2011 A Day as Holly's Kids Holly's Actual Kid 1 Curtametraxe 2013 Teen Beach Movie Brady Filme de televisión 2014 Muppets Most Wanted Rapaz florista / Adolescente "nerd" 2015 Teen Beach 2 Brady Filme de televisión
+Televisión Ano Título RolNotas2009 Moises Rules! Ross "The Boss" "Mad B-Ball shootout" (Tempada 1, Episodio 1) 2011–2016 Austin & Ally Austin Moon Protagonista 2012 Jessie "Austin & Jessie & Ally All Star New Year" (Tempada 2, Episodio 6) 2013 Ultimate Spider-Man Jack Russell / Lobishome "Blade and the Howling Commandos" (Tempada 2, Episodio 22) 2015 Violetta Himself "Una Visita, Una canción" (Tempada 3, Episodio 69)
Discografía Álbums con R5
Álbums - BSO + Lista de álbums Título Detalles do álbum Posición nas listas EUAList of Lynch's albums and singles on Billboard: Austin & Aly: Teen Beach Movie: Austin & Aly: Turn It Up: EUABSO BEL CAN FRA HOL 20px|border NCE ESP R.U. Austin & Ally Released: 11 de setembro de 2012 Formats: CD, dixital Label: Walt Disney Records 27 1 — — — — — — — Teen Beach Movie Data de lanzamento: 16 de xullo de 2013 Formato: CD, digital download Selo: Walt Disney Records 3 1 176 14 76 56 30 15 36 Austin & Ally: Turn It Up Data de lanzamento: 17 de decembro de 2013 Formato: CD, dixital Selo: Walt Disney Records 89 6 — — — — — — — Austin & Ally: Take It from the Top Data de lanzamento: 17 de abril de 2015 Formato: CD, dixital Selo: Walt Disney Records - - — — — — — — —
Sinxelos
Título Ano Álbum "Heard It on the Radio" 2012 Austin & Ally "Can You Feel It" 2013 non hai álbum
Sinxelos promocionais Título Ano Álbum "A Billion Hits" 2012 Austin & Ally "I Love Christmas"(xunto a Laura Marano) 2013 Disney Holidays Unwrapped
Outras cancións + List of singles, with selected chart positions Título Ano Posición nas listas Álbum EUASongs of Ross Lynch on Billboard: Hot 100: Bubbling Under Hot 100: EUAHoliday IRL R.U. "Christmas Soul" 2012 — 6 — — Disney Channel Holiday Playlist "Christmas Is Coming" — 14 — — "Cruisin' for a Bruisin'"(xunto a Grace Phipps e Jason Evigan) 2013 82 — 90 117 Teen Beach Movie "Like Me"(xunto a Maia Mitchell, Grace Phipps e Spencer Lee) 101 — — 177 "Can't Stop Singing"(xunto a Maia Mitchell) — — — 200
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ross Lynch no TV Guide
Categoría:Cantantes de Colorado Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Colorado