O Blond Ambition World Tour foi a terceira xira da cantante americana Madonna. Foi posta en marcha en apoio ó seu cuarto álbum de estudio , Like a Prayer, e da banda sonora, I'm Breathless. O tour percorría Norteamérica, Europa e Asia. Foi unha xira extremadamente controvertida, sobre todo debido á xustaposición de iconografía católica e sexualidade. A revista Rolling Stone dixo da mesma que "posuía unha coreografía moi elaborada e que se trataba dun espectáculo sexualmente provocativa" e proclamou que o mesmo era "o mellor tour de 1990". No ano 1991, foi lanzado o documental Truth or Dare (In Bed with Madonna fóra dos Estados Unidos), unha crónica da xira. O espectáculo recibiu o premio á "produción escénica máis creativa" nos premios da industria de Pollstar Concert. Esta xira atinxiu a cifra de máis de 60 millóns de dólares norteamericanos, vendendo tan só en Norteamérica 482,832 entradas ás dúas primeiras horas da pre-venda, conseguindo así 14,237,000 $.
A xira topouse cunha forte reacción por parte de grupos relixiosos debido á actuación de "Like a Virgin", durante a cal dous bailaríns acariciaban o corpo de Madonna antes de que esta simulase unha masturbación. A Igrexa de Inglaterra e a Igrexa Católica criticaron a súa actuación e incluso o Papa Xoán Paulo II pediu ó público en xeral e á comunidade cristiá que non acudisen ó concerto. Unha asociación privada de católicos os cales se nomeaban a si mesmos como Famiglia Domani tamén boicotearon o tour debido ó seu erotismo. En resposta a toda esta controversia, a cantante dixo, O tour non fere os sentimentos de ninguén. É unha xira que axuda a abrir as mentes e que mostra a sexualidade dende outro punto de vista. A súa e a dos demais."
O tour foi gravado en diferentes ocasións, incluíndo concertos nos Estados Unidos, Francia, o Xapón e España. Tamén se fixo un especial de televisión para HBO TV, titulado Madonna - Live! Blond Ambition World Tour 90, filmado en Niza.
Trasfondo miniatura|upright|left|Madonna representando "Express Yourself", a actuación de apertura da xira. Orixinalmente, o tour ía ser chamado "Like a Prayer World Tour". Sire Records anunciou o Blond Ambition World Tour en novembro de 1989, seguindo o éxito do cuarto álbum de estudio de Madonna , Like a Prayer, e a representación de "Express Yourself" na cerimonia de 1989 dos MTV Video Music Awards. Nun principio, a xira tan só ía chegar ao Xapón e Norteamérica, xa que Madonna estaba considerando diversos papeis en filmes. A finais de 1989, e debido a presión de fans, anunciouse que o tour tamén pasaría por Europa.
A xira incorporaba como temas centrais a sexualidade e o catolicismo, unha combinación que causou controversia. O show conseguiu co tempo acadar un status de culto, con elementos que se converteron en iconas culturais tales como o suxeitador de conos ou a falsa cola de cabalo.
Madonna denominou o seu propio concerto como teatro musical e o coreógrafo Vincent Paterson afirmou que ela quería romper cada regra que puidésemos... Ela quería falar sobre sexualidade, homosexualidade, a Igrexa... Pero a maior cousa que tratamos de facer foi cambiar a forma dos concertos. En vez de tan só presentar cancións, queríamos combinar moda, Broadway e a arte da interpretación".
O ton explícito do show causou varios problemas, en Toronto, a policía foi alertada de que o concerto seguramente contivese contido lascivo e obsceno e ameazou con presentar cargos a non ser que algunhas partes do show fosen cambiadas. A actuación continuou inalterada, no entanto, non se efectuou ningún cargo despois de que o representante dese un ultimato á policía: Cancelen o show e terán que explicarlle a 30.000 persoas por que."Random Notes" by Sheila Rogers, Rolling Stone magazine, 12–26 July 1990, page 13
O deseñador francés Jean Paul Gaultier creou os traxes para o tour, e o resto de pezas adicionais foron creadas por Marlene Stewart, a cal traballara anteriormente con Madonna en 1987 no Who's That Girl World Tour.
Debido a problemas coa gorxa, seis shows tiveron que cancelarse, levando ó tour de 63 actuacións orixinalmente a 57; 125.000 entradas tiveron que ser reembolsadas. As ganancias da última data en Norteamérica foron doadas á organización sen ánimo de lucro AMFAR e dedicouse ó seu amigo Keith Haring, o cal faleceu debido a complicacións co VIH. http://books.google.it/books?id=mqqFX9lU98IC&pg=PA189&lpg=PA189&dq=madonna+landover+1990&source=bl&ots=f2raSAeEzK&sig=rsyZRD8y8-zPtQelVRER2415640&hl=it&sa=X&ei=CyVDUaWlL8SM7QbPj4GADA&ved=0CIIBEOgBMAg4KA#v=onepage&q=madonna%20landover%201990&f=false
Sinopse do concerto miniatura|Madonna e as súas bailarinas, representando "Material Girl" como parte da sección Art Deco da xira. O show estaba dividido en cinco seccións diferentes: Metropolis, Relixiosa, Dick Tracy, Art Deco e Encore. Comezaba co fragmento de Metropolis, inspirado polo filme mudo de Fritz Lang. Esta sección comezaba coa canción "Express Yourself", a cal incluía unha introdución á súa canción do 1982 "Everybody". O escenario estaba inspirado no videoclip de "Express Yourself", no cal aparecía unha gran máquina industrial e bailaríns sen camiseta. Madonna entraba en escena na cima dunha longa escaleira, vestida nun traxe pinup, co seu suxeitador de conos visible. Neste segmento, Madonna tamén interpreta "Open Your Heart" e ten unha pelexa simulada cos seus bailaríns en "Causing a Commotion". A actuación final deste segmento é "Where's the Party"; Madonna deixa o escenario axiña para un cambio de traxe, mentres tres bailaríns continúan bailando ata que a canción remata.
O segundo segmento era de tema apaixonado e relixioso, comezando cunha versión do medio-leste de "Like a Virgin", cantado nunha cama vermella de seda. Madonna aparece vestida cun corsé dourado e actúa con dous bailaríns hermafroditas a cada lado da cama e conclúe cunha simulación de masturbación. O escenario é transformado despois nunha igrexa. Madonna leva un vestido negro e un crucifixo grande durante a actuación de "Like a Prayer", cos seus bailaríns convertidos en sacerdotes e monxas. Un popurrí de "Live to Tell", "Oh Father" e unha actuación de "Papa Don't Preach" rematan esta sección.
A terceira parte era un cabaré inspirado pola película do 1990 Dick Tracy'', na cal Madonna aparecía como "Breathless Mahoney". No transcurso deste segmento, Madonna levaba un traxe a raias verdes e brancas, de tipo cabaré. Incluía interpretacións de "Sooner or Later", cantada subida a un gran piano, "Hanky Panky" e "Now I'm Following You".
A cuarta parte estaba inspirada polas películas do Hollywood de 1930, usando pezas artísticas de Tamara de Lempicka e un deseño do escenario Art Deco. Madonna interpretaba nesta parte "Material Girl" nun ton burlón facendo referencia a unha muller loira, con rulos na cabeza e albornoz (quitado despois para mostrar un vestido de cor rosa con pel). "Cherish" é interpretada con tres bailaríns vestidos como tritóns mentres Madonna simulaba tocar a arpa. Madonna remata esta sección con "Into The Groove" e unha versión minimal de "Vogue" representando a coreografía do seu videoclip, vestida cun suxeitador negro de deporte e bermudas de licra.
Na sección final, interpretábanse temas anteriores de Madonna, tales como "Holiday", no cal Madonna aparecía vestida cunha camiseta de lunares e volantes dos anos 70. Tamén se interpretou "Do the Bus Stop" e "Keep It Together" inspirado polo traballo de Bob Fosse.
Espectáculos Lista de concertos, data, cidade, país, lugar, e acto de apertura. Data. Cidade. País. Lugar. Apertura.Asia13 de abril de 1990ChibaXapónChiba Marine StadiumTechnotronic14 de abril de 199015 de abril de 199020 de abril de 1990NishinomiyaHankyu Nishinomiya Stadium21 de abril de 199022 de abril de 199025 de abril de 1990YokohamaYokohama Stadium26 de abril de 199027 de abril de 1990Norteamérica4 de maio de 1990HoustonEstados UnidosThe SummitTechnotronic5 de maio de 19907 de maio de 1990DallasReunion Arena8 de maio de 1990 11 de maio de 1990Los AngelesLos Angeles Memorial Sports Arena 12 de maio de 1990 13 de maio de 1990 15 de maio de 1990 16 de maio de 1990 18 de maio de 1990Oakland (California)Oakland Coliseum Arena 19 de maio de 1990 20 de maio de 1990 23 de maio de 1990RosemontRosemont Horizon24 de maio de 1990 27 de maio de 1990TorontoCanadáSkyDome 28 de maio de 1990 29 de maio de 1990 31 de maio de 1990Auburn HillsEstados UnidosThe Palace of Auburn Hills 1 de xuño de 1990 4 de xuño de 1990WorcesterThe Centrum 5 de xuño de 19908 de xuño de 1990LandoverCapital Centre 9 de xuño de 1990 11 de xuño de 1990UniondaleNassau Veterans Memorial Coliseum 12 de xuño de 1990 13 de xuño de 1990 16 de xuño de 1990PhiladelphiaThe Spectrum 17 de xuño de 199020 de xuño de 1990East RutherfordBrendan Byrne Arena 21 de xuño de 199024 de xuño de 199025 de xuño de 1990Europa 30 de xuño de 1990 Gotemburgo Suecia EriksbergTechnotronic 3 de xullo de 1990ParísFranciaPalais Omnisports de Paris-Bercy 4 de xullo de 1990 6 de xullo de 1990 10 de xullo de 1990 RomaItalia Stadio Flaminio 13 de xullo de 1990 Turín Stadio delle Alpi 15 de xullo de 1990 MúnicAlemaña Occidental17 de xullo de 1990 Dortmund Westfalenhalle 20 de xullo de 1990LondresReino UnidoWembley Stadium 21 de xullo de 1990 22 de xullo de 1990 24 de xullo de 1990 Rotterdam Países Baixos Feijenoord Stadion 27 de xullo de 1990 MadridEspaña Estadio Vicente Calderón 29 de xullo de 1990 Vigo Estadio Municipal de Balaídos 1 de agosto de 1990 Barcelona Estadi Olímpic de Montjuïc5 de agosto de 1990 Niza Francia Stade de l'Ouest
Notas
Categoría:Madonna Categoría:1990