"I Will Never Let You Down" é unha canción da cantante británica-kosovar Rita Ora. Foi lanzada o 4 de abril de 2014 como o primeiro sinxelo dun novo álbum que está previsto lanzarse en 2015. Foi composta e producida pola súa exparella e DJ escocés Calvin Harris. No Reino Unido, tivo o seu lanzamento o 11 de maio de 2014 onde alcanzou a primeira situación na lista de sinxelos, sendo este o seu cuarto número un. Desta maneira iguala o récord de Geri Halliwell, na maior cantidade de números 1 no Reino Unido por unha artista feminina británica. O vídeo musical foi dirixido por Francesco Carrozzini.
Composición É unha canción up-tempo dance pop nun ritmo de 128 beats por minuto. A mesma Rita Ora confesou a súa inspiración en traballos de Whitney Houston, particularmente na canción "How Will I Know" de 1985.
Lista de cancións
Notas
Categoría:Cancións de Rita Ora