A dos didelfimorfos (Didelphimorphia) é unha orde de mamíferos, que agrupa á maior parte dos marsupiais que habitan na actualidade o continente americano.
Inclúe 92 especies vivas, todas na familia dos didélfidos,Wilson, D. E. e Reeder, D. M., ed. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 1-800-537-5487. e moitas máis extintas.
Historia evolutiva A xulgar polos rexistros fósiles, son dos marsupiais máis antigos que chegaron até os nosos días, e fixérono sen sufrir grandes variacións anatómicas, polo que poden considerarse como fósiles viventes.
Aínda que non hai datos da existencia destes animais en Australia e na Antártida, suponse que deberon habitalas, pois ambos os continentes estaban unidos aínda a Suramérica, no antigo continente e Gondwana, cando os marsupiais apareceron na Terra.
Colonizaban practicamente todos os ecosistemas e entre eles había especies con todo tipo de hábitos alimenticios.
Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1872 polo paleontólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill. Etimoloxía O nome científico Didelphimorphia está formado pola unión á raíz do nome do xénero tipo da sñua máis importante familia (e única con especies vivas na actualidade) Didelphis, co elemento do latín científico -morphia, plural de -morphus, tirado do grego antigo μορφή morphḗ, 'forma', 'aparencia', 'aspecto'.
Pola súa parte Didelphis está formado polo elemento di-, calco do grego δι-, 'dous', e o termo do grego antigo δελφύς delphýs, 'útero'.
Clasificación A orde dos Didelphimorphia inclúe dúas familias, pero só unha, a dos Didelphidae contén especies actuais (ademais da maioría das especies fósiles). A clasificación dos xéneros e especies restantes non está terminada de aclarar, existindo algúns de clasificación incerta.
Orde Didelphimorphia (Gill, 1872) Familia Didelphidae Gray, 1821 Familia Sparassocynidae (†) (Reig, 1958)
Porén, dúas das máis prestixiosas bases de datos, o MSW e o ITIS, dan as seguintes clasificacións para a familia dos didélfidos:
miniatura|246px|Caluromys philander. miniatura|246px|Caluromys derbianus. miniatura|246px|Chironectes minimus. miniatura|246px|Didelphis marsupialis.
Clasificación do MSW Familia Didelphidae Gray, 1821 Didelphidae no MSW. Subfamilia Caluromyinae Kirsch, 1977 Xénero Caluromys J. A. Allen, 1900 Xénero Caluromysiops Sanborn, 1951 Xénero Glironia Thomas, 1912 Subfamilia Didelphinae Gray, 1821 Xénero Chironectes Illiger, 1811 Xénero Didelphis Linnaeus, 1758 Xénero Gracilinanus Gardner & Creighton, 1989 Xénero Hyladelphys Voss, Lunde & Simmons, 2001 Xénero Lestodelphys Tate, 1934 Xénero Lutreolina Thomas, 1910 Xénero Marmosa Gray, 1821 Xénero Marmosops Matschie, 1916 Xénero Metachirus Burmeister, 1854 Xénero Micoureus Lesson, 1842 Xénero Monodelphis Burnett, 1830 Xénero Philander Brisson, 1762 Xénero Thylamys Gray, 1843 Xénero Tlacuatzin Voss & Jansa, 2003
Clasificación do SIIT Familia Didelphidae Gray, 1821 ´Didelphidae Gray, 1821 no ITIS. Subfamilia Caluromyinae Kirsch, 1977 Xénero Caluromys J. A. Allen, 1900 Subfamilia Didelphinae Gray, 1821 Xénero Chironectes Illiger, 1811 Xénero Didelphis Linnaeus, 1758 Xénero Gracilinanus Gardner & Creighton, 1989 Xénero Hyladelphys Voss, Lunde & Simmons, 2001 Xénero Lestodelphys Tate, 1934 Xénero Lutreolina Thomas, 1910 Xénero Marmosa Gray, 1821 Xénero Marmosops Matschie, 1916 Xénero Metachirus Burmeister, 1854 Xénero Micoureus Lesson, 1842 Xénero Monodelphis Burnett, 1830 Xénero Philander Brisson, 1762 Xénero Thylamys Gray, 1843 Xénero Tlacuatzin Voss & Jansa, 2003
Como vemos, só hai unhas pequenas diferenzas na subfamilia dos Caluromyinae
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gould, Edwin; McKay, George & Kirshner, David (1988): Encyclopedia of mammals. San Diego, CA, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1229-3670-1. Grzimek, B.; Schlager, N. e Olendorf, D. (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. Kemp, T. S. (2005): The Origin & Evolution of Mammals. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-850761-5. Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9. McKenna, M. C. e Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11013-8. Rodríguez de la Fuente, F. (1970): " Diminutos gigantes de la expansión ocológica", en Enciclopedia Salvat de la fauna. Tomo 8. Suramérica (Región Neotropical). Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 67–77. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Terceira edición. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos Marsupiais Ameridelfos Australidelfos
Ligazóns externas Order Didelphimorphia Gill 1872 en Fossilworks. Didelphimorphia Gill, 1872 no ITIS. Didelphimorphia na ADW. Con abundante información, imaxes e bibliografía . Didelphimorphia na EOL. Con información e imaxes . Didelphimorphia no NCBI.
Categoría:Marsupiais