Giannis Karagiannis (en grego: Γιάννης Καραγιάννης), tamén coñecido polo seu nome artístico internacional John Karayiannis, é un cantante e compositor chipriota que representou a Chipre no Festival de Eurovisión 2015 coa canción "One Thing I Should Have Done".

Giannis intentou representar a Chipre no Festival de Eurovisión Júnior en dúas ocasións: 2007 e 2008.

Carreira Festival de Eurovisión 2015 150px|thumbnail|esquerda|John representando a Chipre no certame. Após ser elixido pola CyBC para representar ao país no certame europeo, Jonh fixo a súa estrea na segunda semifinal o día 21 de maio en Viena, cantando nunha 15ª posición rematando nun 6º posto con 87 puntos, logrando pasar á gran final do festival.

O 23 de maio do 2015 tivo lugar en Viena a gran final do festival, onde actuou na posición 11, rematando nun 22º posto con 11 puntos dados por Grecia (10) e Eslovenia (1).

Discografía Sinxelos Ano Sinxelo Álbum 2015 "One Thing I Should Have Done" TBA "Diggiloo Diggiley" Notas

Véxase tamén Outros artigos Festival de Eurovisión 2015

Categoría:Cantantes de Chipre Categoría:Representantes de Chipre en Eurovisión Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Chipre