Loïc Nottet é un cantante belga coñecido polo seu paso por The Voice Belgique na súa terceira edición en 2014, onde quedou en 2ª posición e por representar a Bélxica no Festival de Eurovisión 2015 en Viena, Austria coa canción "Rhythm Inside".
Carreira 2013–14: The Voice Belgique Loïc fixo unha audición para The Voice Belgique e quedou en 2º lugar na súa terceira edición, detrás da gañadora Laurent Pagna. El estivo no equipo de B.J. Scott.
No programa cantou cancións como Applause de Lady Gaga, Diamonds de Rihanna, One de U2 ou We Remain de Christina Aguilera.
2014–actualidade: Festival de Eurovisión 2015 O 3 de novembro de 2014, a RTBF, anunciou que Loïc Nottet representaría a Bélxica no Festival de Eurovisión 2015 en Viena, Austria coa canción "Rhythm Inside".
Notas
Véxase tamén Festival de Eurovisión 2015
Categoría:Cantantes de Bélxica Categoría:Representantes de Bélxica en Eurovisión Categoría:Nados en 1996