Xavier Vinader Sánchez, nado en Sabadell o 17 de febreiro de 1947, e finado en Barcelona o 9 de abril de 2015,Morre o xornalista Xavier Vinader ós 68 anos foi un xornalista catalán experto en extrema dereita e crime organizado, e que destacou pola loita pola liberdade de expresión.Es redueixen a un terç les Creus de Sant Jordi del 2007 en Directe.cat, 13 de xuño de 2007

Biografía Diplomouse na Escola Oficial de Xornalismo no ano 1973, e colaborou co Diari Sabadell, coa Radio Juventud de Sabadell e coas revistas Can Oriach e TS. Foi membro do equipo directivo do grup Zeta dende 1978. Foi presidente internacional da ONG Reporteiros sen Fronteiras até 1993. Foi un dos profesionais que máis investigou o fenómeno terrorista en España. En 1979, escribiu dous artigos na revista Interviú, nos cales explicou, detallando nomes e apelidos, as actuacións de grupos de extrema dereita no País Vasco. Pouco despois, ETA acabou con dous individuos mencionados nos artigos e, en 1981, a Audiencia Nacional de España condenouno a sete anos de prisión por un suposto delito de imprudencia temeraria. Vinader fuxiu ó exilio e non regresou a Cataluña até o 1984. Despois de pasar tres meses no cárcere de Carabanchel, foi indultado polo goberno español.

Como xornalista cubriu, entre outras, a guerra de Afganistán, a Revolución dos caraveis en Portugal e a fin da guerra entre Rusia e a China. É autor de libros e artigos sobre o mundo policial. Colaborou en diferentes diarios e semanarios.

Obras Sabadell, febrero de 1976: una semana de huelga general política Operación lobo: memorias de un infiltrado en ETA (1999)Operación lobo: memorias de un infiltrado en ETA a Bookfinder.com

Notas

Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Premio Creu de Sant Jordi Categoría:Xornalistas de Cataluña