O monumento a Cabalo Tolo () é unha montaña-monumento en construción, localizado nas Black Hills de Dacota do Sur. Ten a forma do guerreiro lakota Cabalo Tolo, montando a cabalo e sinalando o horizonte.
O monumento é un conxunto que consiste no monumento-montaña, o Museo Indio de Norte América e o Centro Cultural Nativo Americano. Atópase en terra considerada sagrada polos nativos americanos, a trece quilómetros do Monumento nacional Monte Rushmore.
A estatua terá unha anchura de 195 metros e unha altura de 172 metros. A cabeza de Cabalo Tolo terá 27 metros de altura. A construción do monumento comezou en 1948, e aínda hoxe dista moito de rematar.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do Monumento a Cabalo Tolo
Categoría:Pobo lakota Categoría:Monumentos dos Estados Unidos de América Categoría:Dacota do Sur