Para outros usos de HMG ver a páxina de homónimos HMG. As proteínas do grupo de alta mobilidade ou HMG (do inglés high-mobility group) é un grupo de proteínas cromosómicas que interveñen na regulación de procesos dependentes do ADN como a transcrición, replicación do ADN, recombinación xenética, e reparación do ADN.
Foron illadas orixinalmente de células de mamíferos, e denominadas de acordo á súa mobilidade electroforética en xeles de poliacrilamida.
Familias As proteínas HMG subdivídense en 3 superfamilias, cada unha das cales contén un dominio funcional característico:
HMGA – contén un dominio de gancho AT. HMGA1 HMGA2 HMGB – contén un dominio de caixa HMG. Encóntranse en moitos organismos eucariotas. HMGB1 HMGB2 HMGB3 HMGB4 HMGN – contén un dominio de unión nucleosómico. HMGN1 HMGN2 HMGN3 HMGN4 Proteína da rexión determinante do sexo Y Factores de transcrición TCF Factor de unión ao amplificador linfoide 1 Factor de Transcrición de Célula T 1
As proteínas que conteñen calquera destes motivos incrustados na súa secuencia denomínanse proteínas de motivo HMG.
Función As proteínas HMG crese que desempeñan un papel significativo en varios trastornos humanos. As alteracións e rearranxos nos xenes que codifican algunhas das proteínas HMG están asociados con algúns tumores benignos. Os anticorpos contra as proteínas HMG poden encontrarse en pacientes de doenzas autoinmunes. O xene SRY situado no cromosoma Y, responsable da diferenciación sexual masculina, contén un dominio de caixa HMG. Un membroi da familia HMG de proteínas é HMGB1, que se observou que ten tamén unha actividade extracelular como quimiocina, que atrae a neutrófilos e células inflamatorias mononucleares ao fígado infectado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Rede de regulación xénica Regulación xénica Caixa HMG Factor de transcrición
Ligazóns externas Páxina da nomenclatura das HMG
Categoría:Expresión xénica Categoría:Factores de transcrición