Txarango é un grupo de música formado en Barcelona no 2010 por músicos de Ripollès, Osona e Garrotxa. A banda está integrada por Alguer Miquel (voz), Marcel Lázara Tito (voz e guitarra), Sergi Carbonell Hipi (piano), Joaquim Canals (batería), Àlex Pujols (baixo), Pau Puig (percusión), Ivan López (saxofón) e Jordi Barnola (trompeta). A súa é unha proposta de fusión musical, con reggae como eixo vertebral, que tamén ten elementos dub, latino ou pop. Nas letras das súas cancións incorporan un imaxinario vencellado ó mundo do circo e dos pallasos.
Discografía 2010: Welcome to Clownia 2012: Benvinguts al llarg viatge 2014: Som Riu
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de dub Categoría:Grupos musicais de reggae Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais de Cataluña Categoría:Grupos musicais formados en 2010